Namórate do teu comercio! A nova campaña do CCA co gallo do Día dos Namorados

Achégase o Día dos Namorados e no Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo abrimos o noso corazón (e as portas dos nosos asociados) para dar a coñecer “Namórate do teu comercio”, unha iniciativa que busca destacar as numerosas vantaxes de mercar no comercio local e fortalecer os lazos entre os nosos establecementos e a nosa […]

Unha carballesa, gañadora da Globoteca do CCA!

Os 7.600€ da Globoteca -ou o que é o mesmo- os 76 globos premiados con 100€ cada un, xa teñen dona! Mara Ferreiro Varela, unha moza natural de Carballo é a gañadora do sorteo celebrado esta mesma mañá no interior deste espazo, cedido polo Concello de Carballo, e convertido nun lugar máxico de luces e […]

Obradoiro de reciclaxe de plásticos e concienciación ambiental: diversión e aprendizaxe para os máis pequenos

O próximo 4 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 horas, o segundo andar do Mercado Municipal converterase nun espazo de aprendizaxe e creatividade grazas ao Obradoiro de reciclaxe de plástico e concienciación ambiental, unha actividade organizada polo CCA Carballo e patrocinada por Metalúrgica BB. Este obradoiro, impartido pola asociación Íntegro das persoas con diversidade funcional […]

Arrinca a I Feira Doce

Esta fin de semana celébrase I Feira Doce de Carballo, unha iniciativa da Concellaría de Feiras e Mercados en colaboración co CCA Carballo e Muebles Luis. Repostaría e arte daranse cita na Carpa da Praza do Concello, que albergará ademais dos postos de exposición e venda de produtos doces e artesanía, actuacións musicais e obradoiros […]

Papá Noel e os seus elfos chegan a Carballo para celebrar o Nadal

Este Nadal, a maxia de Laponia trasládase a Carballo! Do 20 ao 24 de decembro, Papá Noel e os seus simpáticos elfos farán unha parada moi especial na nosa vila para recibir aos nenos e nenas na súa preciosa casa de madeira, construída co mesmo encanto que as dos bosques do Polo Norte. Grazas á […]

Solidariedade, ilusión e moitos premios! Así é o programa de Nadal 2024 do CCA Carballo

O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo arrinca hoxe 5 a súa campaña de Nadal co obxectivo de encher a vila de maxia, ilusión, solidariedade, luces, globos, actividades e moitos premios. Grazas á colaboración de empresas locais, asociacións e entidades públicas, este programa destaca polo seu compromiso co apoio á comunidade e a promoción da solidariedade […]