O CCA de Carballo celebra o Día da Nai cun novo sorteo de 300 euros en premios para gastar no comercio local

O amor por unha nai non se mide, pero o vindeiro 4 de maio podes demostralo cun agasallo que tamén apoie ao comercio da túa vila. Se hai uns meses tocaba agasallar aos pais, agora é a quenda das nais. O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo presenta unha nova campaña para celebrar o Día da Nai, coa que busca ademais premiar a fidelidade da clientela e continuar dinamizando o tecido comercial local.

A iniciativa mantén a fórmula que tan boa acollida tivo na campaña do Día do Pai: un sorteo de 3 cheques de 100 euros cada un, para gastar nos establecementos asociados ao CCA Carballo.

Todas as persoas que realicen as súas compras nos 38 comercios adheridos desde este venres 25 e ata o sábado 3 poderán participar no sorteo, que se celebrará o venres 9 de maio ás 16:00 horas e será retransmitido en directo a través da conta de Instagram do CCA Carballo (@ccacarballo), facilitando así a participación e transparencia de todo o proceso.

Desde a entidade lembran que, ademais de gañar interesantes premios, consumir no comercio local ten importantes beneficios sociais, ambientais e económicos. Cada xesto conta, e un simple agasallo pode converterse nun acto de apoio a todo un sector. Neste senso, a nova presidenta do CCA, Silvana Rama Corral, anima á veciñanza a implicarse nesta nova campaña por ser “unha ocasión perfecta para amosarlles ás nosas nais o moito que significan para nós, e unha aposta máis pola nosa economía, pola vida comercial nas rúas, polo emprego local e pola identidade do noso pobo.”

Esta campaña está promovida polo Centro Comercial Aberto de Carballo, e conta co co-financiamento da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo.

Establecementos participantes 

A Saia da Carolina, Akira, Aloe Herboristería, Atelier, Atmósfera Sport, Break Time, Buy&Sell, Calvelo Regalo, Calzados Susa, Cenor, Comercial Queijo, Confecciones San Juan, Cristina Morgade, D&A Complementos, Dequip, Doces Soños, donClip.es, DV Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Federópticos Nicolás, Florería Taibo, Florida Centro Joya, Informática Valem, Joyería Calvelo Seoane, Lencería Mª José, Maker Store, Maluca Lobe, Mmmm! Xeados, Moda Suárez, Muebles Fuentes, Óptica Enríquez, Purificación Lema Centro Belleza, Rafa Vila Joyerías, Teirón, Todo Lar, Zapatillería Isabel e  Zocas.

Compartir artigo

Artigos relacionados

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

O CCA entrega as cinco tabletas sorteadas na campaña «A voltas co cole»

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.