Quen somos
- Inicio
- Quen somos
O CCA Carballo
O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo é unha entidade sen ánimo de lucro que desde 2002 traballa na organización, promoción e dinamización do comercio local do noso municipio coa vocación de fortalecer o tecido comercial de proximidade a través dun modelo cooperativo, moderno e integrado no espazo urbano, capaz de responder aos retos actuais da distribución comercial.
A misión do CCA Carballo é impulsar a competitividade do comercio local, favorecendo a colaboración entre os establecementos asociados, mellorando a súa visibilidade e promovendo accións conxuntas que contribúan ao desenvolvemento económico, social e urbano da vila. Actuamos como ferramenta de apoio ao comercio tradicional, fomentando a innovación, a profesionalización e a adaptación aos novos hábitos de consumo.
O modelo de Centro Comercial Aberto constitúe un elemento clave para a modernización dos espazos comerciais urbanos, xerando impactos positivos en termos de emprego, auto-emprego, cohesión social, revalorización do espazo público e satisfacción das persoas consumidoras. Este modelo aposta pola proximidade, pola sustentabilidade e pola integración do comercio na vida cotiá da cidadanía.
O CCA Carballo fundamenta a súa actuación en valores como a cooperación, o compromiso co territorio, a identidade local, a eficiencia e a mellora continua. A través dun Programa de Actuación Comercial definido e orientado ás necesidades reais do sector, traballamos para consolidar un sistema comercial forte, dinámico e preparado para o futuro.
Asóciate
Formar parte do CCA é apostar polo futuro do comercio local desde a unión, a colaboración e a participación activa. Se cres no valor do comercio de proximidade e queres facer crecer o teu negocio nun entorno dinámico, o CCA é o teu espazo. Xuntos sumamos esforzos, compartimos ideas e impulsamos proxectos que fortalecen o sector e a identidade comercial de Carballo.
No Centro Comercial Aberto de Carballo ofrecemos un conxunto de servizos orientados a apoiar, acompañar e fortalecer o comercio local, facilitando aos nosos socios e socias recursos útiles para mellorar a súa actividade diaria e adaptarse aos retos actuais do sector.
Desde o CCA, directiva e xerencia traballan de maneira coordinada para prestar un apoio integral, próximo e profesional, baseado na escoita activa e na atención personalizada.
A directiva
O equipo que lidera o noso Centro Comercial Aberto está sempre á vosa disposición, comprometido co desenvolvemento do comercio local e aberto a novas incorporacións. Estes son os membros que traballan a diario para ofrecer apoio, representación e dinamización desde abril de 2025.
Silvana Rama
Presidenta
Sergio Soneira
Secretario
Elena Taibo
Tesoureira
María Alonso
Vogal
Belén Porteiro
Vogal
Otilia Fornis
Vogal