O sábado 7 de xuño, a Praza do Concello de Carballo volverá ser escenario dunha xornada chea de ilusión, premios e compromiso co comercio local. Chega unha nova edición da campaña “Que rule, que rule!”, organizada polo Centro Comercial Aberto (CCA), que nesta ocasión logrou reunir a preto de 60 comercios participantes e o apoio de 70 empresas colaboradoras. E, unha vez máis, a gran protagonista será, a ruleta de premios, que estará en funcionamento durante todo o día en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas, e que foi presentada hoxe en presenza da presidenta do CCA, Silvana Rama; o secretario da entidade, Sergio Soneira; o concelleiro de Feiras e Mercados, Ramón Varela, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
Máis de 1.300 premios directos
As persoas que compren entre o 23 de maio e o 7 de xuño nalgún dos comercios participantes recibirán boletos para probar sorte na ruleta deste ano, que acada xa a súa sexta edición. Máis de 1.300 premios directos serán repartidos entre as persoas que se acheguen a probar sorte. Entre os agasallos haberá experiencias gastronómicas como almorzos ou ceas en bares e restaurantes locais; de ocio e benestar, entre as que destacan as sesións de piscina termal, clases de surf ou as relacionadas coa saúde e a beleza como limpezas bucais, cosmética, etc. Así mesmo, as persoas participantes tamén poderán gañar premios directos como xeados artesáns, chocolate, café, cestas gourmet, lotes de produto, vales de compra e ata complementos de hixiene para as nosas mascotas. Este ano, para reducir o tempo de agarda, só se permitirán tres tiradas consecutivas. As persoas que desexen seguir xogando deberán regresar ao final da cola.
E se non toca agasallo directo, aínda quedará unha oportunidade, porque todos os boletos que non resulten premiados participarán no sorteo de cinco cheques de 100 € cada un para consumir nos preto de cen establecementos asociados ao CCA Carballo. Para coñecer a identidade dos afortunados/as, abondará con seguir en directo os sorteos a través da conta de Instagram da entidade (dous celebraranse ás 14.00 horas e os tres restantes, ás 21.00 horas). Desde a organización do CCA poranse en contacto telefónicamente cos premiados/as, polo que non será necesario estar presente na praza.
Durante o acto de presentación celebrado na Praza do Concello, a presidenta do CCA Silvana Rama lanzou o desexo de que “esta nova acción sexa o mellor anticipo dun verán de moita actividade e boas vendas” e destacou que “esta campaña, emblemática e xa consolidada no calendario local, é a maneira de agradecer o apoio diario dos nosos clientes, que apostan polo comercio de proximidade como sinónimo de calidade e identidade”.
Desde o CCA agradecemos a colaboración de todas as empresas locais de hostalaría, comercio e servizos, así como o apoio da Fundación Luís Calvo e a colaboración do Concello de Carballo, e especialmente da concellaría de Promoción Económica e Turismo, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia para facer realidade, un ano máis, esta atractiva acción a pé de rúa na que participan milleiros de persoas. E, por suposto, grazas tamén á cidadanía por facer do comercio local un referente en calidade, trato humano e xeración de emprego estable.
Comercios participantes
A saia da Carolina Store, Akira, Aloe Herboristería, Atelier, Atmósfera sport, Avanty Publicidad, BeCool, Benetton, Buy&Sell, Calvelo Regalo, Calzados Susa, Cenor Carballo, Comercial Queijo, Confecciones San Juan, Confitería San Luis, Cristina Morgade, D&A Complementos, Dequip Carballo, Doces Soños, donClip.es, DV Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Federópticos Nicolás, Ferretería Arán, Florida Centro Joya, Floristería Taibo, Informática Valem, Jorge Moda, Joyería Calvelo Seoane, Joyería Rafa Vila, La casita de Lu, Lencería Mª José, Libraría Clarión, Madeixalazos, Maker Store by Allnet, Maluca Lobe, Mmmm! Xeados, Moda Suárez, Muebles Fuentes, Necos, O barco dos soños, Opticalia Enríquez, Oro Express, Peluquería Beni, Purificación Lema Centro de estética, Refugallo Zero, Retoños, Teirón,Teirón muller, Teirón infantil,Todo Lar, upa! Espazo barefoot, Vessali Joyería, Xoguetería Merliño, Zapatillería Isabel e Zocas.
Empresas colaboradoras
A Cova, A Xamonería, Adega O´Lagar, ArtSurfCamp, Asador Pedra Furada, Autoservicios Familia, Balneario Carballo, BeCool, Benetton, Boa Estrela, Bodegas Carballo, Buy&Sell, Café Colón, Café-Bar Ranqui, Cafés Lúa, Cafetería A Milagrosa Fórum, Cafetería Carty, Cafetería Mercado, Cafetería-panadería Narúa, Caninmaxcoco, Cangatiño, Casa Francisco, Centovintanove, Chocolates Mariño, Clarión Librería, Confitería SanLuis, Dequip, Doces soños, donClip.es, Dulce Sweet, Emiliano Moda, Florida Centro Joya, Forno Novo panadaría, Froiz supermercados, Fundación Luis Calvo, Gadis, Informática Valem, Jorge Moda, La casita de LU, Lencería Mª José, Lenda, Madeixalazos, Maloserá restaurante, Maluca Lobe, Mesón A Cabaña, Mmmm! Xeados, Modas Suárez, O Mexillón, Oito bar, Ortodix, Panem panadaría, PanIgnacio, Parrillada A Lareira, Päua Surf, Kite & Explore, Pementa Rosa Restaurante, Pizzería Vesubio, Pulpería e catering Porta, Refugallo Zero, Restaurante Albaroque, Río Sil asador, SanBrandán, Sweet Spirit, Tasca A Pedra, Teirón, upa! Espazo Barefoot, Valle Inclán Café, Zapatillería Isabel, Zocas e Zuccaro.