O CCA celebra o Día do Pai sorteando 3 cheques de 100€ cada un entre os seus clientes

Hai milleiros de razóns para celebrar o Día do Pai, pero todas teñen algo en común: recoñecer e celebrar todos os xestos que cada día se transforman en amor, coidados e cariño. Por iso, este ano o Centro Comercial Aberto de Carballo quere converter esta data nunha oportunidade para fortalecer os lazos familiares e premiar a fidelidade de quen confía no comercio local para atopar ese agasallo tan especial.

Desde hoxe mércores e ata o día 19, ambos incluídos, mercar no comercio de sempre terá unha recompensa adicional. Por cada compra realizada nos 33 establecementos adheridos á campaña, os clientes recibirán papeletas para participar no sorteo de tres cheques de 100 € cada un, que poderán gastar en calquera dos comercios asociados á entidade. Porque ningún agasallo ten máis valor que aquel que se escolle con corazón, apoiando o comercio próximo e sostible.

O sorteo terá lugar o día 19 de marzo, a partir das 21:00 horas, tras o peche dos establecementos participantes, e será retransmitido en directo a través da conta de Instagram do CCA, permitindo que toda a clientela poida seguir o proceso e coñecer a identidade dos/as gañadores/as en tempo real.

Con esta iniciativa, “desde o CCA queremos contribuír a reforzar os lazos familiares, promovendo a importancia de compartir momentos únicos, ben sexa mercando, paseando ou desfrutando xuntos arredor dunha mesa”, subliñou o presidente da entidade Carlos Cousillas.

Establecementos participantes

Aloe Herboristería, Atmósfera Sport, Break Time, Buy&Sell, Calzados Susa, Cenor, Comercial Queijo, Confecciones San Juan, Cristina Morgade, DV Carballo, D&A Complementos, Dequip, Doces Soños, donClip.es, Ekaté, Emiliano Moda, Federópticos Nicolás, Florería Taibo, Florida Centro Joya, Informática Valem, Jorge Moda, Lencería Mª José, Maker Store, Maluca Lobe, Mmmm! Xeados, Muebles Fuentes, Óptica Enríquez, Purificación Lema Centro de Belleza, Rafa Vila Joyerías, Teirón, Todo Lar, Zapatillería Isabel e Zocas.

Compartir artigo

Artigos relacionados

Entregados os premios da campaña do Día da Nai e de BioSaúde

15 expositores e un amplo programa de faladoiros e talleres protagonizarán a II BioSaúde

O corazón do CCA volve á rúa polo Día da Nai con premios e diversión para toda a familia

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Entregados os premios da campaña do Día da Nai e de BioSaúde

15 expositores e un amplo programa de faladoiros e talleres protagonizarán a II BioSaúde

O corazón do CCA volve á rúa polo Día da Nai con premios e diversión para toda a familia

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.