Namórate do teu comercio! A nova campaña do CCA co gallo do Día dos Namorados

Achégase o Día dos Namorados e no Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo abrimos o noso corazón (e as portas dos nosos asociados) para dar a coñecer “Namórate do teu comercio”, unha iniciativa que busca destacar as numerosas vantaxes de mercar no comercio local e fortalecer os lazos entre os nosos establecementos e a nosa comunidade.

“Cada produto conta unha historia; cada compra crea un lazo persoal; e cada agasallo que mercas nas nosas tendas marca a diferenza”. Con esta mensaxe, o CCA pretende lembrar aos consumidores que cada vez que entran nun establecemento, establécese unha conexión humana e un apoio directo á nosa veciñanza e ao emprendemento local.

Entre as moitas razóns que existen para namorarse do comercio local, a campaña destaca:

  • Confianza e proximidade: Os comerciantes locais coñecen aos seus clientes e ofrecen un trato personalizado, adaptado ás necesidades individuais.
  • Calidade dos produtos: Os establecementos locais aseguran produtos de alta calidade que satisfán as expectativas dos consumidores.
  • Impulso á economía local: Mercar no comercio de proximidade contribúe a manter e crear empregos na comunidade, fortalecendo o tecido económico de Carballo.
  • Compromiso coa sustentabilidade: Moitos comercios locais apostan por prácticas responsables que coidan do medio ambiente e promoven a sustentabilidade.
  • Participación na vida comunitaria: Os comerciantes locais non só ofrecen produtos e servizos, senón que tamén promoven eventos e actividades que dinamizan a vida social e cultural da vila.

Esta iniciativa do CCA de Carballo, na que participan un bo número de comerciantes locais asociados á entidade, enmárcase nunha serie de campañas que buscan incentivar o consumo no comercio local, especialmente en datas sinaladas como esta, poñendo en valor o noso como garante de futuro.

Para dar visibilidade á campaña, o CCA publicou un vídeo nas súas redes sociais que nos acompañará ata o día 14 e co que, sen dúbida, axudaremos a Cupido a estender as súas frechas de amor polo comercio local.

Desde o CCA queremos convidar a toda a cidadanía a redescubrir os beneficios de mercar no local e establecer vínculos. Este San Valentín, o amor está no comercio local. Agasalla co corazón e aposta polo noso, polo teu. Porque cando escolles local, escolles calidade e fas comunidade. Namórate de Carballo, namórate do teu comercio!

Compartir artigo

Artigos relacionados

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

Xa temos gañadores/as da Globoteca!

O I peKecrossfit Inclusivo do CCA pecha inscricións con 120 participantes

A maxia de Papá Noel e os seus elfos chega a Carballo

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

El CCA premiará las compras para el Día del Padre con cheques por valor de 200€

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.