O CCA fixo entrega de tres cheques por valor de 100€ aos gañadores do sorteo da campaña do Día do Pai

Os premiados, residentes en Carballo, recibiron de mans do presidente da entidade cadanseu vale para consumir nos máis de noventa establecementos adheridos

O presidente do CCA, Carlos Cousillas, fixo entrega esta mesma mañá de tres cheques, valorados en 100 € cada un, aos gañadores da campaña posta en marcha hai uns días con motivo da celebración do Día do Pai, unha acción encamiñada a premiar, unha vez máis,  a fidelidade e o compromiso dos consumidores/as que apostaron polo comercio de proximidade para esta data tan especial.

Desde o pasado día 12, trinta e tres establecementos do CCA repartiron preto de 6.000 papeletas entre os clientes/as que se achegaron a mercar un agasallo para conmemorar este día. E non era para menos, porque hai milleiros de razóns para celebrar e regalar! Os/as consumidores contaron cunha ampla variedade de produtos e sectores para elixir o seu regalo entre téxtil, calzado, deporte, complementos, informática, doces, beleza, libros…

Os premiados/as, residentes en Carballo, son: Fabián Periscal Rodríguez, Lorena Pose Seoane e Sonia Molk Caamaño. Parabéns aos tres e a desfrutar do premio mercando nos comercios adheridos ao CCA.

Desde o Centro Comercial Aberto de Carballo queremos agradecer, unha vez máis, a participación e boa acollida que tivo esta campaña entre os consumidores/as como mostra da confianza depositada no comercio local e no consumo de produtos de proximidade. E as persoas que non resultaron afortunadas, lembren que terán unha nova oportunidade na campaña do Día da Nai, da que só podemos adiantar que chegará tamén cargada de premios e novidades. Vémonos moi pronto nos nosos comercios!

Compartir artigo

Artigos relacionados

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

Xa temos gañadores/as da Globoteca!

O I peKecrossfit Inclusivo do CCA pecha inscricións con 120 participantes

A maxia de Papá Noel e os seus elfos chega a Carballo

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

El CCA premiará las compras para el Día del Padre con cheques por valor de 200€

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.