O CCA Carballo renova a súa Xunta Directiva nunha asemblea extraordinaria que reuniu a máis dunha trintena de socios e varias candidaturas

Por primeira vez na historia do Centro Comercial Aberto unha muller preside a entidade

O pasado mércores 9 de abril, o restaurante Albaroque acolleu as asembleas ordinaria e extraordinaria de socios do Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo. A xuntanza xeral ordinaria deu comezo ás 21:00 horas, en segunda convocatoria, co obxectivo de presentar o estado de contas correspondente ao exercicio 2024, así como a memoria de actividades realizadas e a planificación prevista para o ano 2025.

Unha vez rematada esta sesión, procedeuse á celebración da asemblea xeral extraordinaria, centrada na elección da nova presidencia e a constitución da Xunta Directiva. Con tres candidaturas presentadas, os máis de trinta socios asistentes exerceron o seu dereito a voto. Como resultado da votación, foi elixida -por primeira vez na historia da entidade- unha muller presidenta: Silvana Rama Corral, que obtivo 14 votos, e que xa formaba parte do anterior grupo directivo como secretaria da asociación.

Nos días posteriores conformouse o novo equipo, que queda constituído do seguinte xeito:
Presidenta: Silvana Rama Corral (Akira Moda)
Secretario: Sergio Soneira Fernández (Buy&Sell)

Vogais:
• María Alonso Bardanca (Teirón)
• Belén Porteiro Mallo (Lencería Mª José)
• Otilia Fornís Molinos (Informática Valem)
• Raquel González Rodríguez (Terra Patagonia)
• Carlos Cousillas Mosquera (Florida Centro Joya)

Xerente: Yolanda Antelo Cameán

Compartir artigo

Artigos relacionados

O CCA leva “O Prezo Xusto” a Instagram para impulsar o comercio local e a participación dixital

O Centro Comercial Aberto entrega os premios da campaña “Que rule, que rule!”

A ruleta do CCA Carballo estrea imaxe e formato electrónico na sétima edición da campaña “Que rule, que rule!”

Volve a ruleta do CCA con máis de 1.500 premios e catro sorteos

Entregados os premios da campaña do Día da Nai e de BioSaúde

15 expositores e un amplo programa de faladoiros e talleres protagonizarán a II BioSaúde

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O CCA leva “O Prezo Xusto” a Instagram para impulsar o comercio local e a participación dixital

O Centro Comercial Aberto entrega os premios da campaña “Que rule, que rule!”

A ruleta do CCA Carballo estrea imaxe e formato electrónico na sétima edición da campaña “Que rule, que rule!”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.