Unha carballesa, gañadora da Globoteca do CCA!

Os 7.600€ da Globoteca -ou o que é o mesmo- os 76 globos premiados con 100€ cada un, xa teñen dona! Mara Ferreiro Varela, unha moza natural de Carballo é a gañadora do sorteo celebrado esta mesma mañá no interior deste espazo, cedido polo Concello de Carballo, e convertido nun lugar máxico de luces e […]

Obradoiro de reciclaxe de plásticos e concienciación ambiental: diversión e aprendizaxe para os máis pequenos

O próximo 4 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 horas, o segundo andar do Mercado Municipal converterase nun espazo de aprendizaxe e creatividade grazas ao Obradoiro de reciclaxe de plástico e concienciación ambiental, unha actividade organizada polo CCA Carballo e patrocinada por Metalúrgica BB. Este obradoiro, impartido pola asociación Íntegro das persoas con diversidade funcional […]

Arrinca a I Feira Doce

Esta fin de semana celébrase I Feira Doce de Carballo, unha iniciativa da Concellaría de Feiras e Mercados en colaboración co CCA Carballo e Muebles Luis. Repostaría e arte daranse cita na Carpa da Praza do Concello, que albergará ademais dos postos de exposición e venda de produtos doces e artesanía, actuacións musicais e obradoiros […]

Papá Noel e os seus elfos chegan a Carballo para celebrar o Nadal

Este Nadal, a maxia de Laponia trasládase a Carballo! Do 20 ao 24 de decembro, Papá Noel e os seus simpáticos elfos farán unha parada moi especial na nosa vila para recibir aos nenos e nenas na súa preciosa casa de madeira, construída co mesmo encanto que as dos bosques do Polo Norte. Grazas á […]

Queres coñecer toda a programación do MercaEdillo?

Preparados/as para unha fin de semana de vertixe? Da man de Axober, do venres 6 ao domingo 8, imos converter Carballo nun gran escaparate comercial para dinamizar o comercio local os vindeiros días e ofrecer novas experiencias coa posta en marcha de actividades paralelas para toda a familia (música, gastronomía, actividades infantís….). Tomade boa nota!!! […]

Xa temos gañadoras do concurso #OProdutoEstreladoVerán

O presidente do CCA, Carlos Cousillas, fixo entrega esta mesma semana de tres cheques por valor de 50 € cada un ás gañadoras da campaña levada a cabo este verán nas nosas redes sociais #OProdutoEstreladoVerán, unha acción encamiñada a incentivar, por unha banda, o consumo nos comercios locais durante a temporada estival, premiando a fidelidade […]