Unha carballesa, gañadora da Globoteca do CCA!

Os 7.600€ da Globoteca -ou o que é o mesmo- os 76 globos premiados con 100€ cada un, xa teñen dona! Mara Ferreiro Varela, unha moza natural de Carballo é a gañadora do sorteo celebrado esta mesma mañá no interior deste espazo, cedido polo Concello de Carballo, e convertido nun lugar máxico de luces e cores como parte da campaña de Nadal do CCA Carballo.

A man inocente encargada de extraer a papeleta afortunada, entre máis de 90.000, foi a do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén Castro, de visita institucional esta mañá no noso concello. Tras visitar o Mercado Municipal, xunto ao alcalde Evencio Ferrero e o concelleiro de Feiras e Mercados Ramón Varela, o responsable autonómico achegouse, acompañado polo presidente do CCA Carlos Cousillas, ata varios establecementos asociados ao CCA para interesarse polo seu día a día. Finalmente, participou na rolda de prensa que se celebrou na Casa do Concello para dar a coñecer o premio Comercio Dinamización 2024, que a Xunta de Galicia vén de conceder o pasado 4 de decembro á nosa entidade pola posta en marcha de LoPróximo , unha plataforma dixital que aposta pola tecnoloxía sen perder a esencia do comercio local. O galardón ten unha dotación económica de 5.000€.

LoPróximo: o teu comercio a un clic!

A plataforma, que xa está aberta á veciñanza no enderezo https://loproximo.com, ofrece unha experiencia dixital sinxela e intuitiva, pensada para que calquera persoa poida acceder ao servizo sen dificultade. Basta con describir coas propias palabras o que se está a buscar, para comezar a recibir as propostas á medida, elaboradas polos comerciantes locais. As solicitudes chegan de forma anónima aos comerciantes, e tras recibir unha proposta, iníciase unha conversa directa comerciante-consumidor (a través dun chat) para resolver dúbidas ou solicitar máis información.

A diferenza das plataformas de comercio electrónico, que ofrecen un catálogo de produtos para a compra en “autoservizo”, LoPróximo céntrase en conectar aos clientes cos comerciantes locais a través dun servizo de atención persoal. “Esta atención persoal, xunto co profundo coñecemento que o pequeno comercio atesora do produto que ofrece, facilitan a obtención de propostas de calidade e adecuadas para cada necesidade particular”, comentou o presidente do CCA Carballo Carlos Cousillas. Unha vez seleccionada unha proposta, basta con acudir ao establecemento para realizar a compra, ou acordar co comerciante calquera outra modalidade de entrega.

Con esta iniciativa, da que xa forman parte o 60% dos comercios asociados, o CCA Carballoconsolida a súa aposta pola dinamización da actividade comercial do municipio a través da modernización e a innovación tecnolóxica, preservando os valores esenciais e os beneficios únicos que ofrece o pequeno comercio de proximidade como son a atención persoal, a implicación coas necesidades de cada cliente, o compromiso coa súa satisfacción, a dispoñibilidade inmediata, ou a posibilidade de ofrecer produtos locais, entre outros.

Por outra banda, esta iniciativa sitúa ao comercio do CCA Carballo á vangarda do comercio de proximidade, sendo pioneiros na implantación dun modelo de servizo de atención dixital colectivo que transformará o modo no que as persoas nos relacionaremos no futuro co noso comercio local, abrindo o camiño a outras áreas comerciais que xa amosaron o seu interese en implantar este modelo.

Desde o CCA Carballo convidamos a toda a veciñanza a adentrarse na plataforma e desfrutar das vantaxes que ofrece, e ao resto do tecido comercial de Carballo que se sumen a esta iniciativa para enriquecer a oferta xa existente.

A visita en imaxes

Compartir artigo

Artigos relacionados

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

Xa temos gañadores/as da Globoteca!

O I peKecrossfit Inclusivo do CCA pecha inscricións con 120 participantes

A maxia de Papá Noel e os seus elfos chega a Carballo

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

El CCA premiará las compras para el Día del Padre con cheques por valor de 200€

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.