O CCA Carballo e bualá asinan un convenio de colaboración para optimizar o consumo eléctrico entre os seus asociados

O acordo, que terá unha duración dun ano, busca ofrecer solucións eficientes e adaptadas para o aforro enerxético

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo e a compañía de enerxía eléctrica bualá veñen de asinar un acordo de colaboración que permitirá ás empresas e autónomos/as asociados ao CCA beneficiarse de servizos especializados de subministración eléctrica e optimización de tarifas e custos por consumo eléctrico. Este convenio busca ofrecer solucións eficientes e adaptadas para o aforro enerxético.

O acordo, que entrou en vigor este mes de decembro, terá unha duración inicial dun ano, renovándose automaticamente. No marco desta colaboración, o CCA comprométese a difundir entre os seus asociados as vantaxes do acordo, mentres que bualá participará activamente nas iniciativas do CCA, incluíndo unha achega económica de 100 euros para a campaña de Nadal deste ano.

Ambas entidades manterán un diálogo constante para avaliar os resultados e garantir o éxito das medidas implementadas. Con esta sinerxía, o CCA Carballo e bualá reafirman o seu compromiso co comercio local, impulsando solucións sustentables e competitivas para o tecido empresarial da zona.

Bualá é a primeira comercializadora eléctrica da provincia da Coruña 100% verde e pensada por e para as PYMES capaz de ofrecer proximidade e coñecemento domercado local, compromiso coa comunidade no desenvolvemento de enerxías renovables e apoio ás iniciativas locais e rapidez na resposta ante calquera incidencia ou necesidade que xurda.

Compartir artigo

Artigos relacionados

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

O CCA leva “O Prezo Xusto” a Instagram para impulsar o comercio local e a participación dixital

O Centro Comercial Aberto entrega os premios da campaña “Que rule, que rule!”

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.