Obradoiro de reciclaxe de plásticos e concienciación ambiental: diversión e aprendizaxe para os máis pequenos

O próximo 4 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 horas, o segundo andar do Mercado Municipal converterase nun espazo de aprendizaxe e creatividade grazas ao Obradoiro de reciclaxe de plástico e concienciación ambiental, unha actividade organizada polo CCA Carballo e patrocinada por Metalúrgica BB.

Este obradoiro, impartido pola asociación Íntegro das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte e dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, busca fomentar o respecto polo medio ambiente dunha forma lúdica e educativa, promovendo valores de inclusión e diversidade. Para un mellor desenvolvemento da actividade, ao longo da tarde realizaranse tres sesións, dun máximo de 20 nenos/as cada unha. En total, serán 60 participantes que non precisarán inscrición previa. As quendas estableceranse por orde de chegada.

As actividades programadas incluirán:

  • Taller de separación de residuos plásticos, para aprender a clasificar o lixo dun xeito práctico e divertido.
  • Creación de orugas reutilizando plásticos, estimulando a creatividade e a reutilización de materiais.
  • Demostración do proceso de inxección de plásticos, cunha experiencia única na que os pequenos poderán observar como se transforman os plásticos en útiles mosquetóns reciclados.

Como recordo deste día tan especial, cada participante levará como agasallo unha oruga e un mosquetón creados durante o taller, unha forma única de reflexionar sobre a importancia da reciclaxe e da preservación do noso planeta.

Desde o CCA Carballo, convidamos a todas as familias a participar desta iniciativa, pensada para divertir aos máis pequenos/as da casa mentres aprenden a coidar o medio ambiente.

Non perdades a oportunidade de comezar o ano co compromiso de coidar noso planeta. Boas festas!

Compartir artigo

Artigos relacionados

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

Xa temos gañadores/as da Globoteca!

O I peKecrossfit Inclusivo do CCA pecha inscricións con 120 participantes

A maxia de Papá Noel e os seus elfos chega a Carballo

Deporte e solidariedade no I peKecrossfit do CCA!

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

Xa temos gañadores/as da Globoteca!

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.