Xa temos gañadoras do concurso #OProdutoEstreladoVerán

O presidente do CCA, Carlos Cousillas, fixo entrega esta mesma semana de tres cheques por valor de 50 € cada un ás gañadoras da campaña levada a cabo este verán nas nosas redes sociais #OProdutoEstreladoVerán, unha acción encamiñada a incentivar, por unha banda, o consumo nos comercios locais durante a temporada estival, premiando a fidelidade e o compromiso da cidadanía co comercio de proximidade, e, pola outra, promover a interacción cos consumidores/as descubrindo cales son os seus gustos e preferencias e compartíndoas a través das plataformas dixitais.

Neste sentido, cabe destacar a ampla variedade de produtos seleccionados polos consumidores e que van desde artigos de roupa (téxtil, calzado….) ata produtos de puericultura, libros ou servizos relacionados coa saúde e o benestar como tratamentos de beleza ou masaxes.

Desde o CCA Carballo queremos agradecer unha vez máis a participación e boa acollida que tivo esta campaña entre os consumidores/as como proba, unha vez máis, da confianza depositada no comercio local e no consumo de produtos de proximidade.

As premiadas, todas residentes en Carballo, son:  Elismar Rebeca Martínez Betancourt, Laura Gómez Pensado e Yeni Piñeiro Sánchez. Parabéns ás tres!

Compartir artigo

Artigos relacionados

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.