Queres coñecer toda a programación do MercaEdillo?

Preparados/as para unha fin de semana de vertixe? Da man de Axober, do venres 6 ao domingo 8, imos converter Carballo nun gran escaparate comercial para dinamizar o comercio local os vindeiros días e ofrecer novas experiencias coa posta en marcha de actividades paralelas para toda a familia (música, gastronomía, actividades infantís….). Tomade boa nota!!!

PROGRAMACIÓN  

Venres 6

19.00 – 20.30 horas: Cookies show con Break Time. Showcooking gratuíto para que os peques da casa aprendan a elaborar a súa propia galleta. Aforo limitado! Zona MercaEdillo

Sábado 7 e domingo 8

  • De 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas: Animación infantil con tatuaxes, pintacaras, globoflexia e xogos tradicionais. Tamén haberá música e baile. Zona Balneario
  • De 13.30 a 15.30 horas: Sesións vermú. O día 7, a cargo do grupo O Tren Da Unha. E o domingo 8, con La Duendeneta. Zona Balneario

Participantes

Aos 16 establecementos que este ano participan no MercaEdillo de Rego da Balsa, sumáronse ademais preto doutros vinte desde os seus locais ante a imposibilidade de desprazarse ao recinto feiral (falta recursos, persoal…). Deste xeito, pretendemos estender a iniciativa á participación de todo o comercio local en beneficio dos consumidores/as que atoparán unha maior diversidade de produtos, comercios e descontos.

Establecementos participantes (Rego da Balsa):

A fragua, Akira, Atelier, Atmósfera Sport, Benetton, Buy & Sell, DV Carballo, La casita de Lu, Maker Store, Merliño, Necos, O barco dos soños, regalosyregalitos.com, Retoños, Terra Patagonia e Zocas.

Establecementos adheridos desde os seus locais:

A saia da Carolina, Amai Store, Bambalina, Calzados Susa, Confecciones San Juan, D&A Complementos, Doces soños, Ekaté, Emiliano Moda, Florida Centro Joya, Jorge Moda, Lencería Mª José, Lenda, Miriñaque, Moda Suárez, Poppy, Rama Moda, Teirón e Zapatillería Isabel.

Desde o Centro Comercial Aberto queremos destacar a boa acollida unha vez máis do mercadillo de verán entre os comerciantes, aos que agradecemos a súa participación e implicación, así como ao Concello de Carballo, a través da concellería de Promoción Económica e outros departamentos (Brigada de Obras, servizo de Parques e Xardíns, Policía Local…), á Deputación da Coruña e á Xunta de Galicia polo seu apoio e colaboración no desenvolvemento deste evento que agardamos “se converta en referente comercial para toda a comarca e a provincia”, apuntou o presidente Carlos Cousillas.

Finalmente, desde o CCA queremos convidar a toda a cidadanía a visitar o recinto feiral de Rego da Balsa e todos os comercios que este ano participan desde os seus locais para mercar os produtos cos mellores descontos do verán e a calidade de sempre. E este ano, ademais, para desfrutar dunha fin de semana chea de diversión, música, gastronomía e moita animación.

Horarios MercaEdillo

  • Venres 6: De 17.00 a 21.00 horas
  • Sábado: De 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas
  • Domingo: De 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas

Compartir artigo

Artigos relacionados

O I peKecrossfit Inclusivo do CCA pecha inscricións con 120 participantes

O MercaEdillo do CCA regresa a Carballo con descontos de ata o 80%

Comeza a conta atrás para o gran xogo do CCA “A voltas co cole”

Andas a voltas co cole? Merca no CCA e ven xogar con nós

A ruleta do CCA regresará o sábado 7 á Praza do Concello con máis de 1.300 premios directos

Volve “Que rule, que rule!” aos comercios do CCA

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

El CCA premiará las compras para el Día del Padre con cheques por valor de 200€

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.