Máis dunha trintena de comercios ofertarán os seus descontos no MercaEdillo do CCA

  • Ademais dos 16 expositores que sacarán os seus produtos á rúa, preto dunha vintena de  establecementos sumaranse á feira desde os seus locais
  • Durante toda a fin de semana haberá actividades complementarias para toda a familia

Unha nova edición do MercaEdillo xa está á volta da esquina. E, nesta ocasión, chegará cos mellores descontos do verán, a calidade de sempre e importantes e animadas novidades. Será do 6 ao 8 de setembro na zona do Rego da Balsa.

Xunto a Axober, encargada de organizar un ano máis a Feira de Vehículos de Ocasión Berocasión, e coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Carballo, o CCA converterá a vila carballesa nun gran escaparate comercial ao aire libre. Téxtil, calzado, moda infantil, segunda man, xoguetería, alimentación conforman a ampla oferta de produtos que este ano se distribuirán nos 16 stands participantes, situados nunha área de estacionamento de 1000 metros cadrados de superficie entre as rúas Pontevedra e Ourense, nos que os/as visitantes poderán atopar descontos moi apetecibles de ata o 80%.

Pero este ano o mercadillo de verán contará con moitos máis comercios adheridos. Ademais das tradicionais carpas, nesta edición sumaranse preto dunha vintena de establecementos desde os seus locais habituais. Establecementos asociados á entidade e outros que non o son, uniranse ao evento para transformar Carballo nun gran centro comercial aberto á veciñanza durante toda a fin de semana. Deste xeito, preténdese estender a iniciativa á participación de todo o comercio local para integrar aqueles locais que, por falta de persoal e/ou recursos, lles resulta imposible desprazarse ao recinto feiral, o que redundará en beneficio dos consumidores/as que atoparán unha maior diversidade de produtos, comercios e descontos.  

Animación de rúa

A música, a gastronomía e actividades infantís serán as outras grandes protagonistas desta edición cargada de ocio e diversión para toda a familia duranmte toda a fin de semana. Toma nota!

Venres 6

19.00 – 20.30 horas: Cookies show con Break Time. Showcooking gratuíto para que os peques da casa aprendan a elaborar a súa propia galleta. Aforo limitado! Zona MercaEdillo

Sábado 7 e domingo 8

  • De 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas: Animación infantil con tatuaxes, pintacaras, globoflexia e xogos tradicionais. Tamén haberá música e baile. Zona Balneario
  • De 13.30 a 15.30 horas: Sesións vermú. O día 7, a cargo do grupo O Tren Da Unha. E o domingo 8, con La Duendeneta. Zona Balneario

Horarios MercaEdillo

  • Venres 6: De 17.00 a 21.00 horas
  • Sábado 7: De 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas
  • Domingo 8: De 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas

Establecementos participantes (Rego da Balsa): A fragua, Akira, Atelier, Atmósfera Sport, Benetton, Buy & Sell, DV Carballo, La casita de Lu, Maker Store, Merliño, Necos, O barco dos soños, regalosyregalitos.com, Retoños, Terra Patagonia e Zocas.

Establecementos adheridos desde os locais: A saia da Carolina, Amai Store, Bambalina, Calzados Susa, Confecciones San Juan, D&A Complementos, Doces soños, Ekaté, Emiliano Moda, Florida Centro Joya, Jorge Moda, Lencería Mª José, Lenda, Miriñaque, Moda Suárez, Poppy, Rama Moda, Teirón e Zapatillería Isabel.

Compartir artigo

Artigos relacionados

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

Xa temos gañadores/as da Globoteca!

O I peKecrossfit Inclusivo do CCA pecha inscricións con 120 participantes

A maxia de Papá Noel e os seus elfos chega a Carballo

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

El CCA premiará las compras para el Día del Padre con cheques por valor de 200€

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.