O CCA súmase ao Black Friday repartindo cheques-compra entre os seus clientes para consumir este Nadal

 As compras efectuadas o 29 e 30 deste mes participarán no sorteo de 2 cheques-compra de 200€ cada un para consumir durante a campaña de Nadal

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo participará un ano máis na campaña do Black Friday, ofrecendo a todos os seus clientes descontos especiais e vantaxes exclusivas durante a última fin de semana de novembro. Con esta iniciativa, o comercio local pretende impulsar as vendas e recompensar a fidelidade dos veciños e veciñas, ao tempo que se promove o apoio ao pequeno comercio da vila.

Os días 29 e 30 deste mes, 49 establecementos asociados ao CCA participarán na campaña ofrecendo suculentos descontos e unha ampla variedade de produtos de temporada que van desde moda, tecnoloxía, fogar ou servizos variados.

Esta campaña do Black Friday supón unha oportunidade non só para os consumidores, senón tamén para o comercio local. “É unha maneira de atraer clientela e dinamizar as nosas rúas nun momento clave antes da campaña de Nadal”, afirma o presidente do CCA Carlos Cousillas. “Queremos que a xente vexa que o comercio de proximidade tamén pode ofrecer grandes descontos, pero cun valor engadido: a atención personalizada e a calidade dos nosos produtos”, engadiu.

E para premiar a aposta e o compromiso co comercio local, os consumidores/as que realicen as súas compras durante o Black Friday entrarán no sorteo de 2 vales de 200€ cada un, que poderán canxear nos establecementos do CCA durante a campaña de Nadal (do 5 de decembro ao 5 de xaneiro), incentivando así a participación activa e o consumo local. Ademais dun distintivo situado no escaparate, os comercios participantes repartirán rifas entre os seus clientes polas compras realizadas. Cada establecemento resérvase o dereito de fixar un importe mínimo de compra, se fose o caso. Os consumidores/as deberán depositar as súas papeletas debidamente cubertas nas urnas habilitadas en cada comercio. O 3 de decembro, ás 14.00 horas, procederase ao sorteo dos boletos gañadores. O evento será retransmitido en directo a través do Instagram do CCA e comunicado, posteriormente, aos afortunados/as vía telefónica.

Compra no local, apoia ao teu comercio

Dende o CCA de Carballo, anímase a toda a cidadanía a aproveitar esta oportunidade para realizar as súas compras no comercio de proximidade e contribuír ao fortalecemento do tecido comercial local. “Mercar no noso comercio é investir no futuro da nosa vila, e esta campaña é unha oportunidade perfecta para que os clientes/as descubran a variedade e a calidade que ofrecemos aquí, sen ter que saír de Carballo”, subliñou o presidente do CCA.

Establecementos participantes

A Fragua, Akira, Aloe Herboristería, Atelier, Atmósfera Sport, Benetton, Break Time, Buy&Sell,  Cenor, Clarión Libraría, Comercial Queijo, Compro Oro-Oro Express, Confecciones San Juan, D&A Complementos, Dequip, Doces Soños, Dv Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Federópticos Nicolás, Florida Centro Joya, Floristería Taibo, Informática Valem, Jorge Moda, La Casita de Lu, Lencería Mercería Mª José, Maker Store By Allnet, Merliño Xoguetería, Moda Suárez, Motos Vitolo, Muebles Fuentes, Muebles Luis, Multiópticas, Necos, O Barco dos Soños, Óptica Enríquez, Parrillada A Lareira, Pombo Fotógrafo, Purificación Lema Centro de Estética, Rafa Vila Joyerías, Retoños, Teirón Hombre, Teirón Mujer, Teirón Niño, Terra Patagonia, Todo Lar, Zapatillería Isabel e Zocas.

Compartir artigo

Artigos relacionados

A ruleta do CCA Carballo estrea imaxe e formato electrónico na sétima edición da campaña “Que rule, que rule!”

Volve a ruleta do CCA con máis de 1.500 premios e catro sorteos

Entregados os premios da campaña do Día da Nai e de BioSaúde

15 expositores e un amplo programa de faladoiros e talleres protagonizarán a II BioSaúde

O corazón do CCA volve á rúa polo Día da Nai con premios e diversión para toda a familia

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

A ruleta do CCA Carballo estrea imaxe e formato electrónico na sétima edición da campaña “Que rule, que rule!”

Volve a ruleta do CCA con máis de 1.500 premios e catro sorteos

Entregados os premios da campaña do Día da Nai e de BioSaúde

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.