Carballo acollerá a primeira edición de “BioSaúde”, un espazo de encontro para a saúde, o benestar e o respecto pola natureza

Os días 10 e 11 de maio, o Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo organizará a 1ª Feira Temática sobre “BioSaúde”, un evento pioneiro que poñerá o foco na promoción do consumo responsable, os hábitos saudables e o respecto polo medio ambiente, que foi presentado esta mañá na Casa do Concello, e contou coa presenza […]
A Feira das Oportunidades regresa a Carballo do 7 ao 9 de marzo

Carballo prepárase para acoller a XVII edición da Feira das Oportunidades (FOP2025), que terá lugar do 7 ao 9 de marzo no recinto de Rego da Balsa. Coincidindo coa primeira xornada dominical de feira do mes, este evento xa consolidado converterase de novo no gran escaparate do comercio local para ofrecer produtos de calidade a […]
Obradoiro de reciclaxe de plásticos e concienciación ambiental: diversión e aprendizaxe para os máis pequenos

O próximo 4 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 horas, o segundo andar do Mercado Municipal converterase nun espazo de aprendizaxe e creatividade grazas ao Obradoiro de reciclaxe de plástico e concienciación ambiental, unha actividade organizada polo CCA Carballo e patrocinada por Metalúrgica BB. Este obradoiro, impartido pola asociación Íntegro das persoas con diversidade funcional […]
Arrinca a I Feira Doce

Esta fin de semana celébrase I Feira Doce de Carballo, unha iniciativa da Concellaría de Feiras e Mercados en colaboración co CCA Carballo e Muebles Luis. Repostaría e arte daranse cita na Carpa da Praza do Concello, que albergará ademais dos postos de exposición e venda de produtos doces e artesanía, actuacións musicais e obradoiros […]
Cada debuxo conta! A cativada de Carballo mobilízase este domingo coa arte e a solidariedade en favor das vítimas da DINA

Será a través dun obradoiro solidario de postais de Nadal promovido polo CCA Carballo e a empresa Vázquez y Reino O Nadal chega este ano cunha iniciativa moi especial “Cada debuxo, conta!: Obradoiro Infantil Solidario de Postais de Nadal”, promovido polo Centro Comercial Aberto de Carballo (CCA) e a empresa construtora Vázquez y Reino, que, […]
Queres coñecer toda a programación do MercaEdillo?

Preparados/as para unha fin de semana de vertixe? Da man de Axober, do venres 6 ao domingo 8, imos converter Carballo nun gran escaparate comercial para dinamizar o comercio local os vindeiros días e ofrecer novas experiencias coa posta en marcha de actividades paralelas para toda a familia (música, gastronomía, actividades infantís….). Tomade boa nota!!! […]
Máis dunha trintena de comercios ofertarán os seus descontos no MercaEdillo do CCA

Unha nova edición do MercaEdillo xa está á volta da esquina. E, nesta ocasión, chegará cos mellores descontos do verán, a calidade de sempre e importantes e animadas novidades. Será do 6 ao 8 de setembro na zona do Rego da Balsa. Xunto a Axober, encargada de organizar un ano máis a Feira de Vehículos […]
O CCA e AXOBER converterán Carballo nun gran centro comercial ao aire libre

Será do 6 ao 8 de setembro con motivo da celebración de dous dos eventos con máis sona da contorna: o MercaEdillo e Berocasión O Centro Comercial Aberto (CCA Carballo) e AXOBER unen forzas arredor da organización de dous dos eventos máis importantes e recoñecidos da Costa da Morte: o MercaEdillo e Berocasión, que neste […]
Arrinca a campaña “QUE RULE, QUE RULE! do CCA

Arrinca a campaña Que rule, que rule! con máis de 1.000 premios, 59 comercios adheridos e moitas novidades. Do 10 de maio ao 1 de xuño, poderanse adquirir os boletos para ruleta que se instalará na Praza do Concello o sábado 1 de xuño en horario de mañá e tarde. > LEE TODA A INFORMACIÓN […]
Black Friday CCA – #BlackFridayCarballo

Baixo o lema ‘Internet mola, pero mercar no CCA mola máis’, corenta e tres establecementos asociados ao CCA Carballo sumaranse, a partir de mañá e ata o domingo, á famosa campaña comercial do Black Friday coa súa particular FIN DE SEMANA DAS OPORTUNIDADES! 🖤 🏴 Así, cada un dos comercios estará perfectamente identificado con carteis, […]