O CCA e AXOBER converterán Carballo nun gran centro comercial ao aire libre

Será do 6 ao 8 de setembro con motivo da celebración de dous dos eventos con máis sona da contorna: o MercaEdillo e Berocasión

O Centro Comercial Aberto (CCA Carballo) e AXOBER unen forzas arredor da organización de dous dos eventos máis importantes e recoñecidos da Costa da Morte: o MercaEdillo e Berocasión, que neste 2024 desenvolveranse de forma conxunta na zona do Rego da Balsa do 6 ao 8 de setembro.

Nesta ocasión, ambas entidades decidiron camiñar da man e unir esforzos para converter a vila no gran centro comercial de Galicia durante toda a fin de semana, á que tamén se sumará a primeira xornada dominical de feira do mes.

Esta edición, que conta de novo coa colaboración da concellería de Promoción Económica, chegará cargada de novidades. A primeira delas, será o novo emprazamento do MercaEdillo do CCA, que se desprazará da rúa Jacinto Amigo Lera á zona do Rego da Balsa para ocupar o estacionamento situado entre a rúa Pontevedra e a rúa Ourense. A segunda, consistirá na apertura da feira á participación de todo o comercio local. Finalizado o prazo de inscrición para os socios/as, con 16 establecementos confirmados, ábrese agora a quenda para o resto. Os/as comerciantes que estean interesados/as en participar no mercadillo de verán deben poñerse en contacto co CCA antes do mércores 21, chamando ao 625 276 762 ou enviando un mail a info@ccacarballo.com.

E os/as que tamén abrirán as súas portas en Rego da Balsa serán os 14 concesionarios e preto de 400 coches que volverán amosar todo o potencial do sector da automoción en Berocasión, a feira de vehículos de ocasión máis importante de Galicia en espazos abertos. De venres a domingo, e en horario continuado de mañá e tarde, o público que se achegue atopará as mellores marcas do mercado e unha gran variedade de vehículos de km. 0, seminovos, industriais, mixtos, nacionais, de importación, de ocasión, híbridos e eléctricos con importantes descontos e condicións especiais de financiamento.

Pola súa banda, o comercio carballés volverá saír á rúa para ofrecer tamén os produtos de calidade aos que xa nos ten acostumados/as, cos mellores prezos da temporada e unha ampla oferta de téxtil, calzado, deportes, agasallos, xoguetes, tecnoloxía, complementos, artigos de segunda man e pezas de colección, entre outros, con descontos que poden chegar ata o 80%.

Animación de rúa

Pero nesta edición as novidades van moito máis alá da actividade comercial. Música, gastronomía e actividades infantís para os peques da casa completarán a programación de ocio e diversión para a fin de semana. Así, o sábado e o domingo de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas haberá animación infantil con tatuaxes, pintacaras, globoflexia e xogos tradicionais para a rapazada. A música chegará en forma de sesión vermú, de 13.30 a 15.30 horas, da man de O Tren da Unha, que actuará o día 7, e La Duendeneta, o domingo 8. Todas as actividades desenvolveranse na contorna do Balneario (confluencia da rúa Ourense cos rúa Baños Vellos). Agardámosvos!

Compartir artigo

Artigos relacionados

O I peKecrossfit Inclusivo do CCA pecha inscricións con 120 participantes

O MercaEdillo do CCA regresa a Carballo con descontos de ata o 80%

Comeza a conta atrás para o gran xogo do CCA “A voltas co cole”

Andas a voltas co cole? Merca no CCA e ven xogar con nós

A ruleta do CCA regresará o sábado 7 á Praza do Concello con máis de 1.300 premios directos

Volve “Que rule, que rule!” aos comercios do CCA

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

Xa temos gañadores/as da Globoteca!

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.