O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

 A campaña, na que participan 22 comercios, converterá as compras realizadas ata o 18 de setembro nunha oportunidade para xogar e conseguir premios Tras a boa acollida e o elevado nivel de participación da súa primeira edición, o Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo recupera «A voltas co cole», unha campaña que converte as compras do […]

O I peKecrossfit Inclusivo do CCA pecha inscricións con 120 participantes

O I peKecrossfit Inclusivo, organizado polo CCA Carballo, acollerá o domingo 4 de xaneiro a 120 nenos e nenas na carpa situada na Praza do Concello, consolidándose como unha iniciativa pioneira no calendario do CCA que combina deporte, diversión, inclusión e solidariedade. A actividade, pensada para nenos e nenas menores de 12 anos, conta cun […]

O MercaEdillo do CCA regresa a Carballo con descontos de ata o 80%

 Será do 12 ao 14 de setembro na zona de Rego da Balsa Á vintena de casetas instaladas na feira sumaranse unha ducia de comercios máis desde os seus locais No Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo arrincamos o mes de setembro presentando unha nova edición do MercaEdillo, unha cita xa consolidada no calendario comercial […]

Comeza a conta atrás para o gran xogo do CCA “A voltas co cole”

Esta mañá foi presentado o panel que albergará un divertido xogo de parellas ou dobres Esta mañá o Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo presentou ao gran protagonista da súa nova campaña “A voltas co cole”; un pasatempo familiar que busca dinamizar o comercio de proximidade e premiar á clientela que realiza as súas compras no […]

Andas a voltas co cole? Merca no CCA e ven xogar con nós

Os días 5 e 19 de setembro levarase a cabo na Praza do Concello o popular xogo de parellas con atractivos premios para as persoas participantes Pasado o ecuador do mes de agosto e co inicio do curso xa fixado no calendario, o Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo activa unha nova campaña destinada a […]

Volve “Que rule, que rule!” aos comercios do CCA

Desde o venres 23, por cada ticket de compra, os consumidores/as recibirán un boleto para participar na ruleta do sábado 7 A campaña máis esperada da primavera regresa un ano máis para premiar a fidelidade da clientela do comercio local. O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo pon en marcha o venres 23 unha nova edición, […]