O corazón do CCA volve á rúa polo Día da Nai con premios e diversión para toda a familia

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo pon en marcha unha nova campaña con motivo do Día da Nai para premiar a fidelidade da clientela e dinamizar o comercio local nunha das datas máis especiais do calendario.

“Por estar sen facer ruído”, “Por querer sen medida”, “Por levarme da man” ou “Por rir comigo” son só algunhas das moitas razóns polas que celebrar o Día da Nai cada día. Con estas mensaxes, a campaña pon en valor os pequenos xestos cotiáns que fan das nais unha figura imprescindible, convidando á cidadanía a festexar a data apoiando o comercio de proximidade.

A acción desenvolverase entre o 23 de abril e o 2 de maio (ambos incluídos). Durante ese período, todas as persoas que realicen compras en calquera dos 53 establecementos adheridos recibirán un vale para participar nun xogo especial que terá lugar o venres 8 de maio, de 17.00 a 20.00 horas, na Praza do Concello (en caso de choiva, a actividade trasladarase ao Mercado Municipal).

Tras o éxito da campaña dos Namorados, o corazón do CCA volverá saír á rúa cunha proposta lúdica pensada para gozar en familia. Cada vale, que deberá presentarse grampado ao ticket de compra, dará dereito a cinco tiradas nun xogo no que os/as participantes deberán facer estoupar tres globos. As persoas que o consigan accederán a un sorteo final, que se celebrará ao remate da xornada e será retransmitido en directo a través do Instagram da asociación. Entre os premios haberá cheques-compra para consumir nos comercios asociados, vales para a hostalaría local e entradas de cine para dúas persoas. Boa sorte a todos/as!

A campaña conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo.

Establecementos participantes

A Fragua, A Saia da Carolina, Adega O´Lagar, Akira, Aloe Herboristería, Anxaima, Atelier, Atmósfera Sport, Avanty Publicidade, Becool, Buy&Sell, Calvelo Regalo, Calzados Susa, Clarion libraría, Clínica Dental Pico Blanco, Comercial Queijo, Confecciones San Juan, Cristina Morgade, D&A Complementos, Dequip, Doces Soños, donClip.es, DV Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Federópticos Nicolás, Florería Taibo, Florida Centro Joya, Informática Valem, Joyería Calvelo Seoane, Lencería Mª José, Lenda, Maloserá Carballo, Maluca Lobe, Merliño xoguetería, Moda Suárez, Muebles Fuentes, Multiópticas, Óptica Enríquez, Orange Carballo, Oro Express, Purificación Lema Centro Beleza, Rafa Vila Joyerías, Refugallo Zero, Sweet Spirit, Teirón muller, Teiron Surf, Todo Lar, upa! Espazo Barefoot, Zapatillería Isabel, ZCV, Zocas e Zuccaro.

 

Compartir artigo

Artigos relacionados

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

O CCA leva “O Prezo Xusto” a Instagram para impulsar o comercio local e a participación dixital

O Centro Comercial Aberto entrega os premios da campaña “Que rule, que rule!”

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.