Comeza a conta atrás para o gran xogo do CCA “A voltas co cole”

Esta mañá foi presentado o panel que albergará un divertido xogo de parellas ou dobres

Esta mañá o Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo presentou ao gran protagonista da súa nova campaña “A voltas co cole”; un pasatempo familiar que busca dinamizar o comercio de proximidade e premiar á clientela que realiza as súas compras no pequeno comercio carballés.

No acto, acompañando aos representantes da entidade, estiveron presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, que aproveitou a ocasión para felicitar ao CCA por esta innovadora iniciativa e animou á veciñanza “a confiar sempre no comercio local para facer as súas compras, neste caso, de volta ao cole e contribuír así á dinamización da nosa vila”. Pola súa banda, a presidenta do CCA, Silvana Rama, convidou a toda a clientela a participar os días 5 e 19 de setembro na Praza do Concello, nunha actividade que promete ser “moi divertida, familiar e con interesantes premios en xogo para toda a rapazada”.

As persoas que desexen participar deberán presentar os seus vales grampados ao ticket de compra para acceder ao xogo: cada boleto dará dereito a cinco intentos. Con tres acertos obterase un premio de consolación; con catro, un agasallo ou experiencia directa como vales desconto en comercios, sesións de surf, camas elásticas e entradas para o cine; e quen consiga o pleno levará un cheque-compra de 50 € ademais de entrar no sorteo final de cinco tabletas de 10’’ (4 GB RAM, 128 GB ROM).

O sorteo celebrarase o venres 26 de setembro ás 21.00 horas e retransmitirase en directo a través do Instagram do CCA. O prazo para acumular vales rematará o vindeiro día 19.

Comercios participantes

Atmósfera Sport, Avanty Publicidad, Benetton, Calzados Susa, Clarión Libraría, Clínica dental Pico Blanco, Dequip Carballo, donClip.es, Federópticos Nicolás, La casita de Lu, Lencería Mª José, Maluca Lobe, Merliño Xoguetería, Mmmm! Xeados, Necos, O barco dos soños, Opticalia Enríquez, Pombo fotógrafo, Refugallo Zero, Retoños, Sweet Spirit, Teirón, Todo Lar, Upa! Espazo barefoot, Zapatillería Isabel e Zocas.

Con “A voltas co cole”, o CCA Carballo reafirma o seu compromiso de dinamizar as rúas da vila, apoiar o comercio de proximidade e ofrecer propostas lúdicas para toda a familia.

Compartir artigo

Artigos relacionados

O CCA Carballo entrega os seis cheques do sorteo da campaña de Samaín «Truco ou Trato?»

Dezaseis comerciantes participan na 2ª quenda do curso de empaquetado profesional

O CCA Carballo pecha a campaña «Truco ou Trato?» cunha gran participación e seis premios

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O CCA Carballo entrega os seis cheques do sorteo da campaña de Samaín «Truco ou Trato?»

Dezaseis comerciantes participan na 2ª quenda do curso de empaquetado profesional

O CCA Carballo pecha a campaña «Truco ou Trato?» cunha gran participación e seis premios

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.