Non é máis rico quen máis ten, se non quen mellor almorza.
Un ano máis chega a campaña de verán do CCA! Este ano no CCA almorzamos contigo. Participando nesta promoción, ademais de poder gañar 1.000 euros, poderás facerte cunha taza de Carballo por só 2 EUROS! ¿Queres saber como entrar nesta promoción? Mira, mira!
- Merca ata o 30 de xuño en catro tendas diferentes asociadas ao CCA compras por importe de dez euros ou superiores e solicita a túa papeleta. Por cada compra con este importe recibirás un selo.
- Cando teñas catro selos podes optar a unha taza do CCA engadindo un importe de 2 euros e tamén podes participar no sorteo de 1.000 euros.
- Para participar no sorteo debes cubrir os teus datos persoais na papeleta e despositala nunha caixa ou bolsa que che mostrarán na tenda. Se queres conseguir a taza ademáis de participar no sorteo, estas son as tendas onde debes depositar a papeleta para poder recoller a túa taza:
- Mundo Kids – Martín Herrera, 11 Bajo
- Cristina Morgade – Rúa do Hórreo, 1
- El rincón de María – Rúa Camiño Novo, 6
- Punto e coma – Rúa Valle Inclán, 3
- Deportes San Remo – Rúa de San Xosé, 5
Unha vez entregues a tarxeta e realices o importe de 2 euros, xa che entregarán unha das tazas de Carballo. ¡Hai catro modelos diferentes!
BASES DO SORTEO DE 1.000 euros
PRIMEIRA.- PARTICIPANTES NA PROMOCIÓN
Centro Comercial Aberto Carballo realizará unha promoción dirixida a todos os seus clientes (en adiante Promoción). Participarán nesta Promoción todas aquelas persoas físicas (en adiante Clientes) que, durante a vixencia da mesma realicen operacións de compra nos establecementos adherídos ao Centro Comercial Aberto Carballo (CCA Carballo).
SEGUNDA.- MECÁNICA DA PROMOCIÓN
Por cada compra ou servizo demandado polo cliente, igual ou superior a 10 €, este recibirá as papeletas de participación, debendo obter catro selos de distintos establecementos asociados. Unha vez obtidos os selos, cumprimentar todos os datos nela solicitados e depositala nunha caixa ou bolsa que, para estes efectos, terán todos os establecementos adherídos a esta Promoción. Aqueles cupóns que non leven referenciados os catro selos de distintos establecementos asociados e os datos persoais solicitados serán nulos. Centro Comercial Aberto Carballo facilitará aos establecementos adheridos a esta Promoción papeletas suficientes para entregar aos seus clientes por cada operación de compra durante toda a duración da Promoción. Centro Comercial Aberto Carballo recollerá as papeletas depositadas polos clientes nos establecementos adherídos, o último día correspondente á Promoción. Unha vez reunídas todas as papeletas depositadas nos establecementos adherídos, procederase á extración da papeleta premiada, sendo este sorteo público e en presenza de polo menos tres persoas, representando algunha delas ao CCA Carballo.
TERCEIRA.- PRAZO DA PROMOCIÓN
A Promoción terá lugar baixo a modalidade de “sorteo gratuíto” e levarase a cabo dende o día 1 de xuño de 2018 ata o día 30 de xuño de 2018, ambas datas inclusive.
CUARTA.- DATA DO SORTEO
O sorteo celebrarase en Carballo o día 5 de xullo de 2018. Centro Comercial Aberto Carballo resérvase o dereito a modificar a data do sorteo, do que informará oportunamente ao público en xeral a través dos medios de comunicación con, a lo menos, tres días de antelación.
FOMENTO 21-23, 1º – 15100 CARBALLO – TFNO: 981 701 613 – info@ccacarballo.com
QUINTA.- PREMIOS
O premio a sortear consiste nun premio de MIL EUROS (1.000 €) en cheques de compra canxeables nos establecementos asociados por produtos que o cliente determine. O afortunado/a co premio de mil euros (1.000 €) deberá consumir todo o montante do premio nunha xornada, non podendo ningunha das compras ser igual, nin superior, a CINCO CENTOS EUROS (500 €) en cada establecemento, e debendo efectuar compras en polo menos cinco tendas asociadas . No caso de que rematado o tempo establecido o cliente non fose quen de consumir todo o seu premio, a parte non consumida perderá a súa validez, sendo efectivo soamente a parte consumida ata ese instante.
SEXTA.- ENTREGA DE PREMIOS
Centro Comercial Aberto Carballo comunicará o resultado do sorteo ao/á agraciado/a dentro dos dez días naturais seguintes á celebración do sorteo. A estes efectos CCA Carballo comunicará telefonicamente, por carta ou no domicilio especificado na papeleta cumprimentada polo cliente. A aceptación do premio polo cliente conleva a definitiva aceptación, pola súa parte, das presentes bases, así como a autorización a CCA Carballo para utilizar publicamente o seu nome e imaxe en relación con esta promoción. No caso de que o afortunado/a sexa menor de idade recibirán o premio os seus titores/as legais. Os cheques compra obxeto deste premio recibiraos o cliente o mesmo día que se estableza para consumilos. A data na que o cliente consumirá, e a tal fin recibirá os cheques compra, será fixada de acordo entre o premiado/a e CCA Carballo. O resultado do sorteo será publicado a través dos medios de comunicación.
SÉTIMA.- IMPOSTOS LEGAIS
De acordo coa normativa vixente, os premios da presente Promoción están suxeitos á retención a conta do imposto da renda. Corresponderá a Centro Comercial Aberto Carballo a práctica do ingreso a conta aplicable aos premios.