María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA Carballo fixo entrega este martes do terceiro cheque agasallo de 50 euros da campaña “O Prezo Xusto”, unha iniciativa que continúa a espertar un gran interese entre a clientela e os seguidores das redes sociais da entidade.

Nesta ocasión, o premio volveu viaxar ata a parroquia carballesa de Razo, que parece confirmar que o sol e o mar son unha excelente combinación á hora de afinar a puntería e calcular o valor dos escaparates da campaña.

A terceira gañadora foi María Canedo Velo, quen realizou unha estimación de 1.263,95 euros, converténdose na participante que máis se aproximou ao prezo real do escaparate, valorado en 1.389,80 euros.

Desde o CCA Carballo queremos trasladar os nosos parabéns á gañadora e agradecer, unha semana máis, a extraordinaria participación da veciñanza. “O Prezo Xusto” naceu co obxectivo de dinamizar o comercio local, dar visibilidade aos produtos dos establecementos asociados e reforzar a comunidade de seguidores do CCA Carballo en Instagram, convertendo cada escaparate nun reto divertido no que a participación ten premio.

A campaña entra agora na súa recta final. Desde o pasado luns 27 de xullo xa está publicado en Instagram o cuarto e derradeiro escaparate, no que as persoas participantes aínda teñen unha última oportunidade para conseguir un cheque agasallo de 50 euros, co que completamos un total de 200€ en cheques-compra.

Para participar só é necesario seguir a conta de Instagram do CCA Carballo, darlle “Gústame” á publicación, etiquetar a outra persoa e indicar nos comentarios cal se considera que é o prezo total do escaparate. E para poder recibir o premio, a persoa gañadora deberá presentar os tickets de dúas compras realizadas nesa mesma semana nalgún dos establecementos asociados. Moita sorte a todos/as!

Compartir artigo

Artigos relacionados

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

O CCA entrega as cinco tabletas sorteadas na campaña «A voltas co cole»

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

O CCA entrega as cinco tabletas sorteadas na campaña «A voltas co cole»

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.