María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

O CCA Carballo fixo entrega esta semana do primeiro cheque agasallo de 50 euros da campaña “O Prezo Xusto”, unha iniciativa que se desenvolve ao longo de todo o mes de xullo co dobre obxectivo de dinamizar as compras no comercio local e fidelizar a comunidade de seguidores do Centro Comercial Aberto nas redes sociais, especialmente en Instagram.

A primeira gañadora da campaña foi María del Carmen Calvo Feal, co-propietaria da cafetería O Mercado, quen conseguiu a estimación máis próxima ao valor real do escaparate. A súa proposta foi de 635 euros, fronte aos 641,45 euros que sumaban os produtos expostos, converténdose así na participante que máis se achegou ao prezo xusto.

A campaña continúa durante todo o mes de xullo, cun novo escaparate e un novo cheque agasallo de 50 euros semanal, ata completar un total de 200 euros en premios.

Para participar é necesario seguir a conta de Instagram do CCA Carballo, darlle “Gústame” á publicación semanal, etiquetar a outra persoa e escribir nos comentarios canto se estima que custa o escaparate. O prazo para participar remata cada venres ás 20.00 horas, e ás 21.00h dáse a coñecer o prezo real.

O premio será para a primeira persoa que acerte o prezo exacto ou, se ninguén o consegue, para quen máis se achegue sen superalo. Ademais, para poder facer efectivo o cheque agasallo será preciso presentar dous tickets de compra realizados en establecementos asociados ao CCA Carballo durante esa mesma semana, unha condición que busca incentivar o consumo no comercio de proximidade.

Desde o CCA Carballo agradecen a excelente resposta que está a ter esta proposta e animan á veciñanza a seguir participando nas próximas semanas. Ademais de optar a un dos cheques agasallo, a campaña pretende converter as redes sociais do CCA nun punto de encontro para dar maior visibilidade aos comercios asociados e manter unha comunicación máis directa coa súa clientela.

Compartir artigo

Artigos relacionados

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

O CCA leva “O Prezo Xusto” a Instagram para impulsar o comercio local e a participación dixital

O Centro Comercial Aberto entrega os premios da campaña “Que rule, que rule!”

A ruleta do CCA Carballo estrea imaxe e formato electrónico na sétima edición da campaña “Que rule, que rule!”

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.