O CCA viaxa ata Razo para entregar o segundo cheque do Prezo Xusto a Luciano Longueira Verdes

O gañador recibiu, de mans da vogal da entidade María Alonso, un cheque de 50 euros tras ser a persoa que máis se achegou ao valor real deste segundo escaparate 

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo viaxou ata a localidade carballesa de Razo para facer entrega do segundo cheque agasallo de 50 euros da campaña “O Prezo Xusto”, unha iniciativa que durante todo o mes de xullo está a dinamizar as redes sociais da entidade e a fomentar, ao mesmo tempo, as compras no comercio e na hostalaría local.

O gañador desta segunda semana foi Luciano Longueira Verdes, quen realizou unha estimación de 867,35 euros para o valor do escaparate virtual, quedando a tan só 12,80 euros do importe correcto, que ascendía a 880,15 euros. Este acerto converteuno na persoa participante que máis se aproximou ao prezo real dos produtos expostos, facendo merecedor do premio.

Para poder recoller o cheque, Luciano Longueira Verdes presentou, tal e como establecen as bases da campaña, os correspondentes tickets acreditativos de dúas compras realizadas durante esa semana en establecementos asociados ao CCA, reforzando así o obxectivo principal da iniciativa: incentivar o consumo no comercio e na hostalaría de proximidade.

Desde o Centro Comercial Aberto queren agradecer a elevada participación rexistrada nesta segunda edición do concurso e animan a toda a cidadanía a seguir formando parte desta proposta, que combina entretemento, participación dixital e apoio ao tecido comercial local.

A campaña continúa esta semana cun novo escaparate, xa publicado o día 17 na conta oficial de Instagram do CCA, no que as persoas participantes deberán adiviñar o seu prezo exacto para optar a un novo cheque agasallo de 50 euros.

 

Para participar é preciso seguir a conta de Instagram do CCA Carballo, indicar cun “Gústame” a publicación do escaparate, etiquetar a unha persoa nos comentarios e escribir a estimación do prezo total. O prazo para participar neste terceiro escaparate permanecerá aberto ata o venres 24 de xullo ás 20.00 horas, momento no que se pecharán as participacións para proceder, unha hora máis tarde, a desvelar o nome da persoa gañadora.

Compartir artigo

Artigos relacionados

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

O CCA leva “O Prezo Xusto” a Instagram para impulsar o comercio local e a participación dixital

O Centro Comercial Aberto entrega os premios da campaña “Que rule, que rule!”

A ruleta do CCA Carballo estrea imaxe e formato electrónico na sétima edición da campaña “Que rule, que rule!”

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

María Canedo Velo gaña o terceiro cheque da campaña “O Prezo Xusto”

María del Carmen Calvo Feal, primeira gañadora da campaña “O Prezo Xusto” do CCA Carballo

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.