O CCA Carballo celebra os días 27, 28 e 29 de novembro unha nova edición da súa campaña de Black Friday, na que participan 39 establecementos asociados con descontos e promocións especiais para incentivar as compras na localidade e poñer en valor a ampla oferta comercial de Carballo.
A campaña inclúe o sorteo de seis cheques de compra de 50 euros cada un, dous por cada xornada. Por cada compra realizada nos establecementos participantes, a clientela poderá cubrir unha rifa cos seus datos e depositala na urna habilitada no propio negocio. Non hai importe mínimo de compra, agás nos establecementos que establezan unha cantidade mínima por razóns relacionadas coa natureza dos seus produtos ou servizos.
Os tres sorteos celebraranse o luns 30 de novembro, ás 14.00 horas, nunha emisión en directo a través do Instagram do CCA Carballo. Os cheques poderán utilizarse durante os 45 días naturais seguintes en calquera comercio, establecemento de hostalaría ou negocio de servizos asociado.
A iniciativa complétase cun vídeo promocional protagonizado por profesionais de diferentes sectores, que amosa a diversidade da oferta local e anima a descubrir e apoiar os negocios de proximidade.
Establecementos participantes: A Fragua, Adega O’Lagar, Akira, Aloe Herboristería, Anxaima, Atelier, Atmósfera Sport, Benetton, Buy&Sell, Cenor, Centro Estética Purificación Lema, Clarión Libraría, Comercial Queijo, D&A Complementos, Dobbo’s Cookies, Doces Soños, DV Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Florida Centro Joya, Informática Valem, Jorge Moda, La Casita de LU, Lencería Mª José, Maker Store, Muebles Fuentes, Necos, Olivia Concept Store, Óptica Enríquez, Orange, Sweet Spirit, Teirón Muller, Teirón Neno/a, Teirón Home/Surf, Tiendas Pillados, Todo Lar, Xoguetería Merliño, Zapatillería Isabel e Zocas.


