O Prezo Xusto

Instagram CCA Carballo
26 días

O CCA Carballo recupera este verán a campaña “O Prezo Xusto”, adaptándoa ao formato dixital a través de Instagram para dinamizar o comercio local e premiar a fidelidade dos clientes.

Durante todo o mes de xullo, cada luns publicarase un escaparate virtual con 12 produtos dos establecementos asociados. As persoas participantes deberán adiviñar o prezo total do escaparate antes das 20.00 horas do venres. Ese mesmo día, ás 21.00 horas, revelarase o importe correcto e anunciarase a persoa gañadora.

Ao longo da campaña entregaranse catro cheques agasallo de 50 euros (200 euros en premios) para gastar nos comercios asociados ao CCA.

Como participar:

  • Seguir a conta de Instagram do CCA Carballo.
  • Dar “gústame” á publicación da semana.
  • Etiquetar a unha persoa nos comentarios.
  • Escribir a proposta co prezo total do escaparate.

Para recoller o premio será necesario presentar dous tickets de compra realizados en establecementos asociados ao CCA durante a mesma semana da participación.

Con esta iniciativa, o CCA Carballo combina entretemento, presenza nas redes sociais e apoio ao comercio de proximidade, incentivando as compras locais cunha proposta divertida e participativa.

Compartir campaña

Outras campañas?

«Truco ou Trato?»: un percorrido de Samaín polos escaparates do comercio local

41 establecementos adheridos

En marcha a 2ª edición de “A Voltas co Cole”!

Praza do Concello

Arrinca unha nova edición de “Que rule, que rule!” con máis de 1.500 premios

Praza do Concello

Día da Nai

Comercios adheridos

Día do Pai

Comercios adheridos

Namórate do teu comercio

Rúas de Carballo (51 establecementos asociados)
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O CCA Carballo entrega os seis cheques do sorteo da campaña de Samaín «Truco ou Trato?»

Dezaseis comerciantes participan na 2ª quenda do curso de empaquetado profesional

O CCA Carballo pecha a campaña «Truco ou Trato?» cunha gran participación e seis premios

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!