Este Black Friday, merca en Carballo e gaña cheques de 50 euros

  • 39 comercios súmanse ao Black Friday con descontos e seis cheques de 50 euros
  • As promocións desenvolveranse os días 27, 28 e 29 de novembro, e o luns 30 coñeceranse as persoas gañadoras dos tres sorteos, durante unha emisión en directo en Instagram

O CCA celebrará os días 27, 28 e 29 de novembro unha nova edición da súa campaña de Black Friday, na que participarán 39 establecementos asociados con descontos e promocións especiais. A iniciativa busca así incentivar as compras na propia localidade, poñer en valor a ampla oferta comercial de Carballo e animar á veciñanza a aproveitar estas datas para mercar no comercio de proximidade.

A campaña combinará as ofertas dos negocios participantes cunha promoción especial para premiar a fidelidade da clientela: o sorteo de seis cheques de compra de 50 euros cada un, cunha dotación total de 300 euros. Haberá dous premios por xornada, polo que as rifas correspondentes ás compras realizadas o venres participarán no sorteo dese día, as do sábado no seu correspondente e as do domingo (día de feira en Carballo) no último dos sorteos.

Participar será moi sinxelo. Por cada compra realizada nun establecemento adherido, a clientela poderá cubrir unha rifa cos seus datos de contacto e a data da adquisición. Non se establecerá un importe mínimo de compra, agás naqueles negocios que, pola natureza dos seus produtos ou servizos e o seu reducido importe, consideren necesario fixar unha cantidade mínima. Cada establecemento contará cunha urna ou caixa para depositar as papeletas, que posteriormente serán clasificadas por xornadas para realizar os sorteos correspondentes.

As persoas gañadoras daranse a coñecer o luns 30 de novembro, ás 14.00 horas, nunha emisión en directo a través do perfil oficial de Instagram do CCA Carballo. Os cheques poderán utilizarse durante os 45 días naturais seguintes á data do sorteo en calquera establecemento asociado á entidade, tanto de comercio como de hostalaría ou servizos.

A acción promocional vai acompañada do lanzamento dun vídeo no que se amosa a variedade de produtos, servizos e sectores que ofrece o comercio local e que están representados nesta campaña. O obxectivo é lembrar que en Carballo existen alternativas para todos os gustos e necesidades, sen colas interminables nin desprazamentos innecesarios e coa atención próxima e personalizada que caracteriza aos negocios de proximidade.

Neste sentido, a presidenta do CCA, Silvana Rama, anima a veciñanza a aproveitar estas xornadas para descubrir e apoiar a oferta comercial da localidade. «Para atopar o que buscamos non temos que desprazarnos fóra, porque aquí temos moitas opcións ao noso alcance. Queremos que a xente saia, pasee, entre nos comercios, compare e aproveite as promocións do Black Friday, pero, sobre todo, que confíe no que temos na casa», sinalou.

Ademais, co propósito de facilitar as compras e ofrecer máis posibilidades á clientela, o CCA dará a coñecer nos vindeiros días, a través das súas redes sociais, a relación de establecementos que abrirán durante a tarde do sábado 28. Esta ampliación horaria, de carácter voluntario, pretende facilitar as compras evitando desprazamentos a outras localidades.

Establecementos participantes

A Fragua, Adega O’Lagar, Akira, Aloe Herboristería, Anxaima, Atelier, Atmósfera Sport, Benetton, Buy&Sell, Cenor, Centro Estética Purificación Lema, Clarión Libraría, Comercial Queijo, D&A Complementos, Dobbo’s Cookies, Doces Soños, DV Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Florida Centro Joya, Informática Valem, Jorge Moda, La Casita de LU, Lencería Mª José, Maker Store, Muebles Fuentes, Necos, Olivia Concept Store, Óptica Enríquez, Orange, Sweet Spirit, Teirón Muller, Teirón Neno/a, Teirón Home/Surf, Tiendas Pillados, Todo Lar, Xoguetería Merliño, Zapatillería Isabel e Zocas.

Compartir artigo

Artigos relacionados

Asinado un convenio de colaboración con Rétif para ofrecer vantaxes exclusivas aos comercios asociados

O CCA Carballo entrega os seis cheques do sorteo da campaña de Samaín «Truco ou Trato?»

Dezaseis comerciantes participan na 2ª quenda do curso de empaquetado profesional

O CCA Carballo pecha a campaña «Truco ou Trato?» cunha gran participación e seis premios

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Asinado un convenio de colaboración con Rétif para ofrecer vantaxes exclusivas aos comercios asociados

O CCA Carballo entrega os seis cheques do sorteo da campaña de Samaín «Truco ou Trato?»

Dezaseis comerciantes participan na 2ª quenda do curso de empaquetado profesional

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.