Arrinca unha nova edición de “Que rule, que rule!” con máis de 1.500 premios

Praza do Concello
18 días

O CCA Carballo puxo en marcha o pasado día 20 unha nova edición de “Que rule, que rule!”, unha campaña de dinamización comercial que se desenvolverá ata o 6 de xuño coa participación de 61 establecementos asociados. A iniciativa busca incentivar as compras no comercio de proximidade e premiar a fidelidade da clientela a través dunha gran ruleta de premios.

Durante a campaña, as persoas que realicen compras nos comercios participantes recibirán un boleto por compra —grampado ao ticket ou selado coa data de compra— co que poderán participar na xornada final da promoción. A acción culminará o sábado 6 de xuño cunha ruleta instalada na Praza do Concello que repartirá máis de 1.500 premios directos.

Entre os agasallos haberá experiencias gastronómicas, almorzos, sesións de piscina termal, clases de surf, aloxamento e almorzo, produtos gourmet, doces, xeados artesáns, artigos para mascotas, vales de compra e outras sorpresas. Ademais, todos os boletos non premiados participarán automaticamente no sorteo de catro cheques de 100 euros para consumir nos establecementos asociados ao CCA Carballo.

A campaña conta coa colaboración de 96 empresas locais e co apoio da Fundación Luis Calvo, o Concello de Carballo, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Compartir campaña

Outras campañas?

En marcha a 2ª edición de “A Voltas co Cole”!

Praza do Concello

O Prezo Xusto

Instagram CCA Carballo

Día da Nai

Comercios adheridos

Día do Pai

Comercios adheridos

Namórate do teu comercio

Rúas de Carballo (51 establecementos asociados)

Campaña Nadal 2025-2026

Rúas de Carballo (73 comercios asociados)
21/02/2026
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!