En marcha a 2ª edición de “A Voltas co Cole”!

Praza do Concello
1 mes

Se queres convertir as compras do regreso ás aulas nunha oportunidade para xogar e conseguir premios, no CCA Carballo é moi doado.

Do 17 de agosto ao 18 de setembro, por cada compra ou servizo realizado nos 22 establecementos participantes, recibirás un vale de participación que deberás conservar xunto ao ticket de compra, correctamente grampado ou selado polo comercio e coa data correspondente.

O vale permitirá participar no gran xogo de parellas, que se celebrará a pé de rúa na **Praza do Concello os venres 4 e 18 de setembro, de 17:00 a 20:00 horas. Cada participante terá cinco intentos para descubrir as cinco parellas agochadas na estrutura do xogo.

  • 3 parellas: premio de consolación.
  • 4 parellas: agasallo ou experiencia directa.
  • 5 parellas (pleno): cheque-compra de 50 € e participación no sorteo de cinco tabletas de 10”.

Para garantir a participación do maior número de persoas, só se poderá utilizar un vale por persoa en cada quenda. As persoas que teñan máis vales poderán volver xogar, pero deberán agardar á seguinte quenda.

O venres 25 de setembro, ás 21:00 horas, realizarase en directo a través do Instagram do CCA Carballo o sorteo das cinco tabletas entre todas as persoas que conseguiran o pleno.

Unha campaña para facer da volta ao cole un momento divertido, premiar a fidelidade e poñer en valor o comercio local.

* En caso de choiva, a actividade trasladarase ao Mercado Municipal.

Compartir campaña

Outras campañas?

«Truco ou Trato?»: un percorrido de Samaín polos escaparates do comercio local

41 establecementos adheridos

O Prezo Xusto

Instagram CCA Carballo

Arrinca unha nova edición de “Que rule, que rule!” con máis de 1.500 premios

Praza do Concello

Día da Nai

Comercios adheridos

Día do Pai

Comercios adheridos

Namórate do teu comercio

Rúas de Carballo (51 establecementos asociados)
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O CCA Carballo entrega os seis cheques do sorteo da campaña de Samaín «Truco ou Trato?»

Dezaseis comerciantes participan na 2ª quenda do curso de empaquetado profesional

O CCA Carballo pecha a campaña «Truco ou Trato?» cunha gran participación e seis premios

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!