«Truco ou Trato?»: un percorrido de Samaín polos escaparates do comercio local

41 establecementos adheridos
Do 15 ao 30 de outubro de2026

O CCA Carballo pon en marcha a segunda edición de «Truco ou Trato?», unha campaña de Samaín na que participan 41 comercios asociados e que se desenvolverá a partir do 15 de outubro.

Nesta edición, os escaparates converteranse nun xogo de observación no que as persoas participantes deberán localizar diferentes figuras relacionadas co Samaín, como cabazas, sombreiros, vasoiras, landras, morcegos, potes e pantasmas. Cada figura atopada permitirá conseguir un selo na cartolina da campaña e avanzar nun percorrido polos establecementos participantes.

Para facilitar o percorrido, cada boleto de participación contará cun código QR que permitirá acceder ao mapa cos establecementos adheridos. As cartolinas poderán conseguirse inicialmente ao realizar unha compra nun dos comercios participantes.

As persoas que completen as cartolinas poderán participar no sorteo de seis cheques de 50 €, que se celebrará o 30 de outubro, para gastar en establecementos de hostalaría e alimentación do CCA (Adega O´Lagar, Asador Rio Sil, Cafetería A Nova Ferradora, Cafetería Mercado, Ceibo Café, Confitería San Luis, Dobbo’s Cookies, Gumi Golosinas y Regalos, Maloserá Carballo, Mmmm! Xeados, Panadaría Forno Novo, Parrillada A Lareira, Pizza Troppo, Restaurante Albaroque, Restaurante Pementa Rosa,Taberna O Lambón e Zuccaro). Ademais, durante esa xornada, quen se achegue disfrazado poderá conseguir entradas de cine para dúas persoas e xeados de balde.

A campaña está promovida polo CCA Carballo e conta co apoio e cofinanciamento da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo.

Compartir campaña

Outras campañas?

En marcha a 2ª edición de “A Voltas co Cole”!

Praza do Concello

O Prezo Xusto

Instagram CCA Carballo

Arrinca unha nova edición de “Que rule, que rule!” con máis de 1.500 premios

Praza do Concello

Día da Nai

Comercios adheridos

Día do Pai

Comercios adheridos

Namórate do teu comercio

Rúas de Carballo (51 establecementos asociados)
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

O CCA entrega as cinco tabletas sorteadas na campaña «A voltas co cole»

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!