Dezaseis comerciantes participan na 2ª quenda do curso de empaquetado profesional

A formación, impartida pola especialista en retail Andrea López, desenvolverase os días 3, 4 e 5 de novembro na Sala Cervantes do Mercado Municipal, para dar resposta á demanda rexistrada na primeira convocatoria

O CCA Carballo pon en marcha unha segunda quenda do curso de «Empaquetado profesional para comerciantes», que terá lugar os días 3, 4 e 5 de novembro, de 20.30 a 22.30 horas, na Sala Cervantes do Mercado Municipal de Carballo.

Nesta nova convocatoria participarán 16 profesionais de 10 establecementos, que poderán acceder a unha formación práctica orientada a mellorar a presentación dos produtos, optimizar os procesos de traballo e reforzar a identidade comercial dos seus negocios.

A iniciativa dá continuidade á primeira edición, que espertou un notable interese entre os asociados e levou o CCA a programar unha nova quenda para facilitar a participación dos comercios inscritos que non puideran acceder inicialmente.

O curso será impartido por Andrea López de IDE SIGN Escaparatismo, profesional especializada en retail, visual merchandising e marketing comercial, con máis de 15 anos de experiencia no sector. Ao longo das tres sesións, as persoas participantes traballarán diferentes técnicas de empaquetado, adaptadas a distintos tipos de produtos e necesidades comerciais, desde solucións rápidas para artigos de alta rotación ata presentacións máis creativas e envoltorios personalizados.

A formación tamén abordará a incorporación da identidade de marca aos envoltorios e a organización dos procesos de empaquetado, especialmente en períodos de maior actividade, como a campaña de Nadal, cando a preparación dos agasallos adquire un papel destacado na experiencia de compra.

Con esta iniciativa, o CCA Carballo continúa apostando pola formación especializada como ferramenta para impulsar a profesionalización, a innovación e a competitividade do comercio de proximidade, ofrecendo aos establecementos asociados recursos prácticos para mellorar o servizo e a atención á clientela.

 

Compartir artigo

Artigos relacionados

O CCA Carballo pecha a campaña «Truco ou Trato?» cunha gran participación e seis premios

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

O CCA entrega as cinco tabletas sorteadas na campaña «A voltas co cole»

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O CCA Carballo pecha a campaña «Truco ou Trato?» cunha gran participación e seis premios

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.