MercaEdillo en Rego da Balsa

O MercaEdillo do CCA Carballo celebrará a súa nova edición do 11 ao 13 de setembro en Rego da Balsa, cunha importante novidade: por primeira vez, a feira abrirá xa o venres pola mañá para facilitar e adiantar as compras e favorecer a dinamización comercial durante toda a fin de semana.

A cita reunirá 21 stands no recinto do Rego da Balsa e contará ademais coa participación de 16 establecementos desde os seus propios locais, sumando máis de 35 negocios implicados. Moda, calzado, deporte, alimentación, xoguetes, complementos, segunda man e moito máis, con descontos de ata o 80%.

O programa completarase con actividades para o público infantil: o sábado 12 celebraranse dous obradoiros de galletas artesanais, ás 18.30 e ás 19.30 horas, para nenos e nenas de 5 a 10 anos, e o domingo 13 terá lugar a VI Pequefeira, de 12.00 a 14.00 horas, na que os máis pequenos poderán converterse en comerciantes por un día. Para ambas as actividades será necesaria inscrición previa en info@ccacarballo.com.

O domingo coincidirá ademais coa feira tradicional de Carballo, contribuíndo a incrementar o fluxo de visitantes pola vila.

O MercaEdillo contará tamén cun punto informativo da campaña autonómica Comercio Compensa. As persoas que realicen compras no MercaEdillo poderán recibir unha bolsa de tea da campaña, ata esgotar existencias.

Horarios:
Venres 11: 10.00–14.00 e 16.30–20.30 h
Sábado 12: 10.00–14.00 e 16.30–20.30 h
Domingo 13: 10.00–14.00 e 16.30–19.00 h

Lugar: Rego da Balsa e establecementos participantes de Carballo.

Compartir evento

Outros eventos

Sorteo «Truco ou Trato?»

Praza do Concello/ 2º andar Mercado Municipal
30/10/26

Sorteo de 5 tabletas de A Voltas co cole

Instagram
25/09/26

Última oportunidade para darlle a volta ao cole!

Praza do Concello
18/09/26

Ven xogar con CCA e dálle a volta ao cole!

Praza Concello (**se chove, Mercado Municipal)
04/09/26

A Praza do Concello acollerá o 6 de xuño a gran ruleta de premios do CCA Carballo

Praza do Concello
06/06/26

Volve BioSaúde, espazo de encontro arredor da saúde, o benestar e a natureza

Praza do Concello| 2º andar Mercado Municipal
09/05/26
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!