O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

A especialista en retail Andrea López impartirá un programa práctico de 12 horas, centrado nas técnicas de empaquetado, a optimización de recursos e a identidade comercial dos negocios

O Centro Comercial Aberto de Carballo vén de poñer en marcha un curso de «Empaquetado profesional para comerciantes», unha nova proposta dirixida a dotar os profesionais do comercio local de ferramentas prácticas para mellorar a presentación dos seus produtos, optimizar os procesos de traballo e reforzar a experiencia de compra.

A formación desenvolverase na Sala Cervantes do Mercado Municipal de Carballo os días 6, 7, 8, 13, 14 e 15 deste mes, cunha duración total de 12 horas, distribuídas en seis sesións de dúas horas cada unha, de 20.30 a 22.30 horas. Nesta primeira edición están a participar 13 establecementos de diferentes sectores e 16 profesionais en total. 

O elevado número de inscricións rexistradas levou á entidade a programar unha segunda edición, prevista para finais de mes ou comezos de novembro, na que participarán os comercios asociados anotados que non puideron acceder a esta primeira convocatoria.

O curso será impartido por Andrea López, profesional con máis de 15 anos de experiencia no sector retail, especializada en visual merchandising, marketing comercial, xestión de operacións e desenvolvemento de equipos. Ao longo da súa traxectoria, desempeñou funcións de responsabilidade en compañías como IKEA e Tendam, ademais de impulsar proxectos desde a súa propia firma. A súa experiencia abrangue a transformación de espazos comerciais, a formación e o mentoring de equipos, así como a mellora dos procesos operativos e da experiencia cliente.

Ao longo das sesións, as persoas participantes traballarán diferentes técnicas de empaquetado, desde solucións rápidas para produtos de alta rotación ata propostas creativas, envoltorios para artigos irregulares e presentacións premium. O programa tamén abordará a personalización dos envoltorios, a integración da identidade de marca e a organización dos procesos de traballo en momentos de maior demanda comercial.

Con esta iniciativa, o CCA Carballo continúa apostando pola formación especializada como vía para impulsar a profesionalización, a innovación e a mellora continua dos establecementos asociados, ofrecendo recursos que permitan fortalecer a competitividade do comercio de proximidade e enriquecer a relación coa súa clientela.

Compartir artigo

Artigos relacionados

Asinado un convenio de colaboración con Rétif para ofrecer vantaxes exclusivas aos comercios asociados

O CCA Carballo entrega os seis cheques do sorteo da campaña de Samaín «Truco ou Trato?»

Dezaseis comerciantes participan na 2ª quenda do curso de empaquetado profesional

O CCA Carballo pecha a campaña «Truco ou Trato?» cunha gran participación e seis premios

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Asinado un convenio de colaboración con Rétif para ofrecer vantaxes exclusivas aos comercios asociados

O CCA Carballo entrega os seis cheques do sorteo da campaña de Samaín «Truco ou Trato?»

Dezaseis comerciantes participan na 2ª quenda do curso de empaquetado profesional

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.