Ven xogar con CCA e dálle a volta ao cole!

Praza Concello (**se chove, Mercado Municipal)
04/09/26
3 horas

O CCA Carballo sae á rúa coa segunda edición de «A voltas co cole», unha divertida actividade baseada no clásico xogo de parellas que terá lugar na **Praza do Concello os venres 4 e 18 de setembro, de 17:00 a 20:00 horas.

As persoas participantes, presentando o vale obtido nos 22 comercios adheridos á campaña, entre o 17 de agosto e o 18 de setembro, terán cinco intentos para descubrir as parellas agochadas nunha gran estrutura de coordenadas. Segundo os acertos, poderán conseguir premios directos e, quen logre o pleno, levará un cheque-compra de 50 € e entrará no sorteo final de cinco tabletas de 10”, que se realizará o venres 25, ás 21h, e será retransmitido en directo a través do Ig do CCA.

Unha proposta para gozar en familia, xogar na rúa e poñer a proba a memoria mentres se apoia o comercio local.

**En caso de choiva, o xogo trasladarase á primeira planta do Mercado Municipal.

Compartir evento

Outros eventos

MercaEdillo en Rego da Balsa

A Praza do Concello acollerá o 6 de xuño a gran ruleta de premios do CCA Carballo

Praza do Concello
06/06/26

Volve BioSaúde, espazo de encontro arredor da saúde, o benestar e a natureza

Praza do Concello| 2º andar Mercado Municipal
09/05/26

Día da Nai

Praza do Concello
08/05/26

XVIII Feira das Oportunidades (FOP2026)

Zona Rego da Balsa
06/02/26

 Xogo “Namórate do teu comercio”

Praza do Concello
22/02/26
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!