Xa temos gañadores/as da Globoteca!

  • Un veciño de Malpica e unha de Carballo resultaron agradaciados no sorteo celebrado este venres
  • Cada premiado recibirá 73 cheques de 50€ cada un

Este venres 9 tivo lugar o sorteo da Globoteca do CCA, un espazo máxico situado entre as rúas Desiderio Varela e Colón que, desde o pasado 5 de decembro, encheu Carballo de globos, luces e ilusión durante toda a campaña de Nadal. Un proxecto que hoxe culmina repartindo alegría nos fogares de José Miguel Veiga Garrido (Malpica) e Vanesa Cabeza Barca (Carballo), as persoas gañadoras da edición deste ano.

O premio, valorado en 7.300 €, foi sorteado pasadas as 14.00 horas nun acto retransmitido en directo a través do Instagram do CCA Carballo. O sorteo contou coa presenza do alcalde de Carballo, Daniel Pérez, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, o responsable de Feiras e Mercados, Ramón Varela, un representante da empresa carballesa Vázquez y Reino, patrocinadora da campaña de Nadal do CCA Carballo, e varios membros da directiva da asociación engtre os que se atopaban a presidenta Silvana Rama, e o secretario Sergio Soneira.

O rexedor municipal e o representante de Vázquez y Reino, foron os encargados de extraer os boletos gañadores, un traballo nada doado tendo en conta que na urna depositáronse máis de 95.000 boletos ao longo de algo máis dun mes, reflexo da excelente acollida da campaña e do apoio da cidadanía ao comercio local. Entre elas, atopábanse tamén as papeletas recuperadas do incendio sufrido o pasado día 26, que afortunadamente afectou a unha pequena minoría.

A esta horas, responsables do CCA Carballo xa se puxeron en contacto telefónico cos gañadores/as para comunicarlles a boa nova.

Nesta edición, os afortunados/as recibirán cadanseu talonario con 73 cheques nominativos, cun valor de 50 € cada un, para gastar nos comercios participantes na campaña de Nadal nun prazo máximo de seis meses (ata o 9 de xullo de 2026). Cada establecemento reservarase o dereito de solicitar o DNI da persoa titular. Así mesmo, os cheques non serán acumulables a outras campañas promocionais.

Como en anos anteriores, a campaña contou coa adhesión dunha ampla variedade de comercios de diferentes sectores, como alimentación, moda infantil, calzado, téxtil, deporte, decoración e fogar, electrodomésticos, entre outros, reflectindo a diversidade e fortaleza do tecido comercial de Carballo.

Desde o CCA queremos agradecer a colaboración de todas as empresas participantes, destacando, de maneira especial, a implicación de todos os consumidores e consumidoras que, unha vez máis, apostaron polo comercio local para realizar as súas compras de Nadal, contribuíndo a manter viva a economía e a vida comercial da vila e posicionando a Carballo no epicentro da actividade comercial da comarca.

Compartir artigo

Artigos relacionados

Entregados os premios da campaña do Día da Nai e de BioSaúde

15 expositores e un amplo programa de faladoiros e talleres protagonizarán a II BioSaúde

O corazón do CCA volve á rúa polo Día da Nai con premios e diversión para toda a familia

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Entregados os premios da campaña do Día da Nai e de BioSaúde

15 expositores e un amplo programa de faladoiros e talleres protagonizarán a II BioSaúde

O corazón do CCA volve á rúa polo Día da Nai con premios e diversión para toda a familia

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.