O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

Catro persoas gañadoras recibiron cheques de 50 euros para consumir nos establecementos adheridos tras a campaña realizada do 12 ao 22 de marzo

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo fixo entrega dos premios correspondentes á súa campaña especial polo Día do Pai, na que se sortearon catro cheques por valor de 50 euros cada un entre a clientela participante.

A presidenta da entidade, Silvana Rama, foi a encargada de entregar os vales ás persoas gañadoras, todas elas residentes en Carballo, que poderán facer uso do seu premio nos máis de 95 establecementos adheridos ao CCA. Esta iniciativa, desenvolvida nas últimas semanas, tivo como principal obxectivo recoñecer a fidelidade e o compromiso dos consumidores e consumidoras co comercio de proximidade nunha data tan sinalada.

A campaña levouse a cabo entre os días 12 e 22 de marzo, período no que 49 negocios asociados repartiron máis de 5.000 papeletas entre os clientes e clientas que realizaron compras co gallo desta celebración. A diversidade da oferta comercial —que abrangue sectores como téxtil, calzado, deporte, complementos, informática, alimentación, beleza ou libraría— contribuíu a dinamizar a actividade e ofrecer múltiples opcións de agasallo.

As persoas premiadas nesta edición son Alberto Sánchez Rama, Patricia Varona Lema, Carolina Carreira Pacoret e Samantha Bocija Gundín, que xa contan cos seus cheques para investir no comercio local ata o vindeiro 12 de maio.

Desde o CCA queremos destacar a excelente acollida da campaña e agradecemos a implicación tanto dos establecementos participantes como da cidadanía, o que vén a reforzar o tecido comercial e o consumo responsable e de proximidade.

Así mesmo, xa vos adiantamos que estamos a traballar na próxima campaña con motivo do Día da Nai, que chegará con novas propostas, premios e iniciativas para seguir incentivando as compras no comercio de proximidade.

 

Compartir artigo

Artigos relacionados

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

Xa temos gañadores/as da Globoteca!

O I peKecrossfit Inclusivo do CCA pecha inscricións con 120 participantes

A maxia de Papá Noel e os seus elfos chega a Carballo

Deporte e solidariedade no I peKecrossfit do CCA!

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

El CCA premiará las compras para el Día del Padre con cheques por valor de 200€

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados

Entregados los cheques a los ganadores de la Globoteca y la recaudación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.