Olivia Concept Store

Rúa Desiderio Varela, 12, baixo

Olivia Concept Store nace da ilusión de dúas amigas que comparten a paixón pola moda, aínda que con gustos diferentes. Unha aposta máis pola elegancia e a outra polos looks desenfadados. Desa combinación de estilos, perspectivas e formas de entender a moda xurdiu a idea de crear unha tenda na que ambas atopasen o que lles gusta vestir.

Abriu as súas portas en Carballo o 2 de outubro de 2026 cunha proposta que mestura básicos imprescindibles para o día a día con prendas máis especiais, cheas de cor, estampados e detalles. A súa filosofía é precisamente esa: combinar estilos e atreverse a mesturar, como unha americana elegante cun vaqueiro e unhas bailarinas.

Na tenda atoparás roupa de muller, bolsos, panos, outros complementos e calzado de pel. Unha selección á que se incorporan novidades con frecuencia para ofrecer diferentes opcións e posibilidades á hora de vestir.

Pero Olivia tamén é un espazo para entrar sen présas, probar, descubrir e deixar que che aconsellen. O trato próximo e personalizado forma parte da súa maneira de entender o comercio, axudando a cada clienta a atopar prendas que lle gusten e a descubrir novas formas de combinalas.

E se queres estar ao día das novidades, no seu Instagram amosan as prendas postas e comparten ideas para crear looks e sacarlles o máximo partido.

De luns a venres: 10:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:00h.

Sábados e domingos de feira: 10:30 a 14:00h

Outros negocios

Olivia Concept Store

Rúa Desiderio Varela, 12, baixo
653947806

Café-bar A Nova Ferradora

Rúa Colón, 9, baixo, 15100 Carballo
981 971 202

Olivia Concept Store

Rúa Desiderio Varela, 12, baixo
653947806

Café-bar A Nova Ferradora

Rúa Colón, 9, baixo, 15100 Carballo
981 971 202

Restaurante Albaroque

Rúa Gran Vía, 26, baixo, 15100 Carballo
981 971 143
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados ao CCA Carballo

Últimas publicacións

Este Black Friday, merca en Carballo e gaña cheques de 50 euros

Asinado un convenio de colaboración con Rétif para ofrecer vantaxes exclusivas aos comercios asociados

O CCA Carballo entrega os seis cheques do sorteo da campaña de Samaín «Truco ou Trato?»

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!