A Nova Ferradora é un bar de tapas que naceu en Carballo en 2017 coa ilusión de crear un espazo acolledor onde compartir boa comida, un trato próximo e un ambiente familiar.
A súa proposta gastronómica combina o mellor da cociña caseira galega con sabores da gastronomía venezolana, reflectindo a historia e as raíces dos seus propietarios. Na súa carta atoparás unha ampla variedade de tapas e racións para compartir, ensaladas, bocadillos, hamburguesas e pratos elaborados con produtos de calidade, ademais de especialidades como arepas e empanadas venezolanas.
Cada día ofrecen tamén un prato do día, pensado para quen busca unha comida saborosa e caseira. Polas mañás, A Nova Ferradora é un lugar ideal para comezar a xornada cun café de alta gama, acompañado de almorzos, infusións, tés e os tradicionais petiscos coa consumición.
O seu obxectivo é que cada cliente se sinta como na casa, gozando dunha atención próxima, dun ambiente tranquilo e dunha oferta gastronómica que combina tradición, sabor e calidade.
De luns a venres: 08.00 a 23.00h
Sábados e domingos: 09.00 a 23.00h







