Maker Store ofrece unha coidada selección de produtos STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas), pensados para complementar e enriquecer a aprendizaxe en todas as etapas educativas, desde Primaria ata a Universidade.
Programación, Robótica, Impresión 3D, Electrónica...
Todo o material está enfocado á educación e á aprendizaxe práctica: robots educativos, impresoras 3D, kits electrónicos e recursos que achegan un valor engadido real ao ensino, fomentando a creatividade, o pensamento crítico e a resolución de problemas. Ademais, realizan obradoiros formativos e divulgativos no seu #EspazoSteam, dirixidos a nenas e nenos, mocidade e persoas adultas interesadas nunha educación innovadora, práctica e adaptada aos novos tempos.
Horario de inverno:
Luns a sábado: 10:00 a 13:30h e de 16:00 a 19:00h
Horario de verán (xullo e agosto):
Luns a venres: 10:00 a 14:00h e de 15:30 a 17:00h








