Doces Soños

Rúa Vázquez de Parga, 37, baixo dereita, 15100 Carballo, A Coruña

Con sete anos de traxectoria e á fronte unha profesional que acumula máis de 25 anos de experiencia no sector do descanso, este establecemento converteuse nun referente para quen busca calidade, asesoramento e un servizo próximo e personalizado.

Como distribuidor oficial de marcas de referencia como Pikolin, Terxy, Naturalia e outras primeiras marcas, ofrece produtos de máxima calidade para garantir un descanso saudable e adaptado ás necesidades de cada cliente.

Neste establecemento atoparás unha ampla selección de canapés, bases tapizadas, somieres, colchóns, almofadas e equipos de descanso, dispoñibles en diferentes modelos, tecnoloxías e medidas.

A experiencia e o coñecemento do sector permiten ofrecer un asesoramento totalmente personalizado, axudando a escoller o equipo de descanso que mellor se adapta aos hábitos de sono, ás necesidades posturais e ao orzamento de cada persoa.

Ademais, para facer a compra máis cómoda, dispoñen de servizo de entrega a domicilio e retirada do equipo usado, ocupándose de todo o proceso para que o cliente só teña que preocuparse de desfrutar dun descanso renovado.

De luns a venres: 10:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:30 h
Sábado: 10:00 a 14:00 h
Domingo de feria: 11:00 a 14:00 h

Outros negocios

Doces Soños

Rúa Vázquez de Parga, 37, baixo dereita, 15100 Carballo, A Coruña
981 465 994

Panadería – pastelería Forno Novo

Rúa Vázquez de Parga, 35, 15100 Carballo, A Coruña
881 983 998

Doces Soños

Rúa Vázquez de Parga, 37, baixo dereita, 15100 Carballo, A Coruña
981 465 994

Panadería – pastelería Forno Novo

Rúa Vázquez de Parga, 35, 15100 Carballo, A Coruña
881 983 998

Atmósfera Sport

Rúa Igrexa, nº 9, 1500 Carballo, A Coruña
981 702 114
CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados ao CCA Carballo

Últimas publicacións

O CCA leva “O Prezo Xusto” a Instagram para impulsar o comercio local e a participación dixital

O Centro Comercial Aberto entrega os premios da campaña “Que rule, que rule!”

A ruleta do CCA Carballo estrea imaxe e formato electrónico na sétima edición da campaña “Que rule, que rule!”

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!