O CCA Carballo pecha a campaña «Truco ou Trato?» cunha gran participación e seis premios

A iniciativa, na que participaron 41 establecementos asociados, superou as previsións de asistencia na xornada final, que reuniu numerosas familias na Praza do Concello.

O CCA Carballo puxo onte o broche final á segunda edición da campaña «Truco ou Trato?» cunha gran participación e unha tarde na que os disfraces, a diversión e o ambiente familiar foron os protagonistas. A afluencia de público superou as previsións da organización, que recibiu numerosas nenas, nenos e familias dispostas a completar o xogo e participar no sorteo final.

Pasadas as 20.00 horas celebrouse o sorteo dos seis cheques de 50 euros para gastar nos establecementos asociados de hostalaría e alimentación. As encargadas de extraer as papeletas gañadoras foron tres mans inocentes: Valeria, Candela e Clara.

As persoas premiadas nesta edición foron Elena María Lorenzo Moreira, Mario Pensado Gesto, Eva Bouzas Rey, Katerina Pena Suárez e Bea Núñez Suárez, que resultou dobremente afortunada e recibirá dous cheques, cun valor total de 100 euros.

A xornada final foi tamén un reflexo do éxito dunha campaña que, durante quince días, levou a maxia do Samaín aos escaparates de 41 comercios asociados. Numerosas persoas percorreron os establecementos participantes para localizar as once figuras agochadas e completar as súas cartolinas, convertendo a proposta nunha actividade de lecer compartida en familia e con amizades, ao tempo que se incentivaba o consumo no comercio local.

A resposta do público na tarde de onte foi especialmente destacada. A participación superou as previsións e esgotáronse todos os agasallos reservados para as persoas que se achegaron disfrazadas. Para que ninguén quede sen o seu premio, o CCA Carballo recolleu os datos das persoas que non puideron recibir o vale na xornada de onte e porase en contacto con elas o vindeiro luns para facerlles entrega dun agasallo.

Desde a asociación queren agradecer a extraordinaria acollida desta segunda edición e, especialmente, a participación da veciñanza, tanto de quen percorreu os escaparates durante estes días como de todas as persoas que se achegaron á Praza do Concello para celebrar o Samaín, moitas delas caracterizadas para a ocasión.

O CCA Carballo destaca a importancia de iniciativas coma esta para dinamizar as rúas, fomentar a actividade comercial e ofrecer propostas de lecer que contribúan a facer comunidade arredor do comercio de proximidade. Vémonos moi pronto na seguinte campaña, que xa temos no forno: o #BlackFriday!

Compartir artigo

Artigos relacionados

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

O CCA entrega as cinco tabletas sorteadas na campaña «A voltas co cole»

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.