O CCA leva “O Prezo Xusto” a Instagram para impulsar o comercio local e a participación dixital

O Centro Comercial Aberto (CCA) recupera este verán unha das súas iniciativas máis lembradas polos clientes, adaptándoa aos novos hábitos de consumo e comunicación. Baixo o nome de “O Prezo Xusto”, a entidade lanza unha campaña que se desenvolverá ao longo de todo o mes de xullo e que combinará entretemento, participación e premios para seguir impulsando a actividade comercial e económica da vila.

A iniciativa, que estará vixente do luns 6 ao venres 31 de xullo, nace co dobre obxectivo de dinamizar as vendas durante a temporada estival e recompensar a confianza dos consumidores que apostan polo comercio de proximidade no seu día a día. Nesta nova edición, a campaña dá un paso máis e fai un guiño ás novas tecnoloxías, desenvolvéndose exclusivamente a través da canle de Instagram do CCA. Con esta fórmula, a entidade pretende tamén reforzar a súa presenza dixital, incrementar o número de seguidores e fomentar unha maior interacción nas redes sociais.
O funcionamento será moi sinxelo. Cada luns publicarase en Instagram a imaxe dun escaparate virtual composto por doce artigos procedentes dos comercios asociados. A partir dese momento, os participantes terán ata o venres ás 20.00 horas para adiviñar o prezo xusto do conxunto dos produtos.

Cada semana presentarase un novo escaparate e, os venres ás 21.00 horas, o CCA dará a coñecer o importe exacto do escaparate, así como o prezo individual de cada un dos artigos que o compoñen. Resultará gañadora a primeira persoa que acerte o prezo exacto ou, no seu defecto, quen máis se aproxime sen superalo.

Cada un dos catro gañadores recibirá un cheque agasallo de 50 euros para consumir nos establecementos asociados ao CCA, polo que a campaña repartirá un total de 200 euros en premios ao longo do mes.

Para participar só será necesario seguir a conta de Instagram do CCA, indicar “gústame” na publicación correspondente, etiquetar a unha persoa nos comentarios e escribir a súa proposta co prezo xusto do escaparate.

Como requisito para facer efectivo o premio, a persoa gañadora deberá presentar dous tickets de compra realizados en establecementos asociados ao CCA, datados na mesma semana da participación. Deste xeito, a campaña non só premia aos participantes, senón que incentiva directamente as compras no comercio local.

Desde o CCA animan á veciñanza e aos visitantes a sumarse a esta proposta estival, pensada para ofrecer un momento de diversión ao tempo que se pon en valor a ampla oferta comercial da vila. “O Prezo Xusto” convértese así nun xogo participativo no que a intuición pode ter recompensa e no que, unha vez máis, mercar no comercio local ten premio. A xogar…….!!

Compartir artigo

Artigos relacionados

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

O CCA entrega as cinco tabletas sorteadas na campaña «A voltas co cole»

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.