Entregados os premios da campaña do Día da Nai e de BioSaúde

A seguinte cita coa fortuna chegará da man do Centro Comercial Aberto o vindeiro día 6 nunha nova edición da campaña “Que rule, que rule!”

O Centro Comercial Aberto de Carballo fixo entrega esta semana dos premios correspondentes á campaña do Día da Nai e ao sorteo celebrado durante a segunda edición de BioSaúde, dúas iniciativas coas que se continúa impulsando o comercio local e premiando a fidelidade da clientela.

A entrega dos premios da campaña do Día da Nai tivo lugar este xoves, ás 17.30 horas, na Florería Taibo. Nesta acción repartíronse oito cheques para consumir nos establecementos adheridos ao CCA Carballo. As persoas premiadas cos vales de 50 euros para hostalería foron Alba Rodríguez Lamas, Elsa Oreiro Cancela, Marisol Varela Busto e María Beatriz Núñez Suárez.

 

Pola súa banda, os vales de 50 euros para comercio recaeron en Lara Villar Núñez, Daniela Antelo Varela, Yeni Piñeiro Sánchez e Alberto Iglesias Iglesias. Todos os afortunados/as son residentes en Carballo agás unha persoa da localidade da Agualada (Coristanco).

Por outra banda, onte ás 18.30 horas, en Informática Valem, celebrouse tamén a entrega dos premios do sorteo de BioSaúde, no que se repartiu unha cesta elaborada con produtos doados polos expositores participantes e cinco cheques de 20 euros para consumir no comercio adherido ao CCA. Neste caso, as persoas gañadoras foron:

  • Lucía Buyo García, gañadora da cesta de produtos e dun cheque de 20 euros (Betanzos)
  • María Buyo García, gañadora de dous cheques de 20 euros (Betanzos)
  • Francisco Felípez Canedo, gañador dun cheque de 20 euros (Carballo)
  • Juan José Velasco Rodas , gañador dun cheque de 20 euros (Carballo)

Desde o CCA Carballo trasladamos os nosos parabéns a todos os premiados/as e agradecemos, unha vez máis, a participación de toda a veciñanza nesta campaña así como a confianza depositada no comercio local para realizar as súas compras.

E, a quen desta volta non lle sorriu a sorte, terá unha nova oportunidade o vindeiro 6 de xuño coa campaña “Que Rule, que rule!”, que se celebrará na Praza do Concello a partir das 11.00 horas. Durante toda a xornada, unha ruleta repartirá máis de 1.000 premios directos, entre agasallos e experiencias) ademais do sorteo de catro cheques de 100 euros cada un. Nos próximos días darase a coñecer máis información sobre esta nova iniciativa do CCA Carballo.

Compartir artigo

Artigos relacionados

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

O CCA entrega as cinco tabletas sorteadas na campaña «A voltas co cole»

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O comercio de Carballo mobilízase baixo o lema «Nós tamén somos vila!» para reclamar igualdade de oportunidades

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.