Volve o Black Friday ao CCA con descontos especiais en 25 comercios asociados

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo súmase un ano máis á campaña do Black Friday, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de novembro, cunha ampla oferta de descontos especiais e vantaxes exclusivas para toda a clientela. O obxectivo desta iniciativa é impulsar as vendas no comercio local e fomentar o apoio ao pequeno comercio, nun momento estratéxico previo á campaña de Nadal.

Ao longo desta última fin de semana do mes, 25 establecementos asociados ao CCA ofrecerán promocións moi diversas en produtos de moda, tecnoloxía, fogar e servizos variados, coa intención de atraer tanto a clientela habitual como a novos consumidores. Todos os comercios adheridos disporán dun vinilo identificativo nos seus escaparates para maior comodidade da clientela.

A presidenta do CCA, Silvana Rama, destaca a importancia desta acción comercial para dinamizar as nosas rúas: “É unha maneira de atraer clientela e darlle vida ás rúas nun momento clave antes da campaña de Nadal. Queremos que a xente vexa que o comercio de proximidade tamén pode ofrecer grandes descontos, pero cun valor engadido: a atención personalizada e a calidade dos nosos produtos”, sinala.

Desde o CCA de Carballo anímase á cidadanía a aproveitar esta oportunidade para realizar as súas compras no comercio de proximidade, contribuíndo así ao fortalecemento do tecido económico local. “Mercar no noso comercio é investir no futuro da nosa vila, e esta campaña é unha oportunidade perfecta para que os clientes e clientas descubran a variedade e a calidade que ofrecemos aquí, sen ter que saír de Carballo”, destaca a presidenta da entidade comercial.

Comercios participantes

A Fragua, Akira, Aloe Herboristería, Atelier, Atmósfera Sport, Benetton, Buy&Sell, Comercial Queijo, Confecciones San Juan, D&A Complementos, DV Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Informática Valem, La Casita de Lu, Lencería Mª José, Merliño Xoguetería, Muebles Fuentes, Óptica Enríquez, Orange Carballo, Retoños, Teirón, Todo Lar, Xoiería Vessali e Zapatillería Isabel.

Compartir artigo

Artigos relacionados

Entregados os premios da campaña do Día da Nai e de BioSaúde

15 expositores e un amplo programa de faladoiros e talleres protagonizarán a II BioSaúde

O corazón do CCA volve á rúa polo Día da Nai con premios e diversión para toda a familia

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Entregados os premios da campaña do Día da Nai e de BioSaúde

15 expositores e un amplo programa de faladoiros e talleres protagonizarán a II BioSaúde

O corazón do CCA volve á rúa polo Día da Nai con premios e diversión para toda a familia

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.