Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

A presidenta do CCA Carballo Silvana Rama foi a encargada de entregar os talonarios a José Miguel Veiga Garrido e Vanesa Cabeza Barca, mentres que un responsable de Vázquez y Reino, fixo o propio coa recadación solidaria do I peKecrossfit á entidade carballesa O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo fixo entrega na tarde de onte, […]
O I peKecrossfit Inclusivo do CCA pecha inscricións con 120 participantes

O I peKecrossfit Inclusivo, organizado polo CCA Carballo, acollerá o domingo 4 de xaneiro a 120 nenos e nenas na carpa situada na Praza do Concello, consolidándose como unha iniciativa pioneira no calendario do CCA que combina deporte, diversión, inclusión e solidariedade. A actividade, pensada para nenos e nenas menores de 12 anos, conta cun […]
A maxia de Papá Noel e os seus elfos chega a Carballo

Os primeiros encontros produciranse este sábado 20, a partir das 17.30 horas Carballo prepárase para vivir uns días cheos de ilusión, sorrisos e moita maxia. Tras a calorosa acollida do ano pasado, Papá Noel acudirá de novo á súa cita cos nenos e nenas da nosa vila, e faino acompañado dos seus inseparables elfos. Desde […]
Deporte e solidariedade no I peKecrossfit do CCA!

Xa están abertas as inscricións para participar no I peKecrossfit Inclusivo, unha actividade pioneira que combina deporte, inclusión, solidariedade e diversión para comezar o ano con enerxía e con valores. O evento, impulsado polo CCA e patrocinado pola empresa de construción carballesa Vázquez y Reino en beneficio da asociación Un paso máis, celebrarase o domingo […]
Obradoiro de reciclaxe de plásticos e concienciación ambiental: diversión e aprendizaxe para os máis pequenos

O próximo 4 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 horas, o segundo andar do Mercado Municipal converterase nun espazo de aprendizaxe e creatividade grazas ao Obradoiro de reciclaxe de plástico e concienciación ambiental, unha actividade organizada polo CCA Carballo e patrocinada por Metalúrgica BB. Este obradoiro, impartido pola asociación Íntegro das persoas con diversidade funcional […]