O próximo sábado 27 de outubro de 2018 con horario de 10.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.30h desenvolveremos unha xornada na que trinta e nove comercios do CCA Carballo terán as súas portas abertas con sorpresas, agasallos e sorteos preparados para a súa clientela. A esta actividade dentro dos comercios unirémoslle as rúas de Carballo cheas de festa e sorpresas baixo o lema O COMERCIO VAI DE FESTA,O noso comercio enche as rúas de Carballo.

A xornada amencerá coas rúas centrais e peonís de Carballo acollendo elementos de decoración cos que comezará un día cheo de sorpresas, estas continuarán coa chegada da compañía de Pablo Méndez Performances,  que durante todo o día sorprenderá a grandes e pequenos coas súas intervencións nos comercios e nas rúas da vila.

Todas as actividades son agasallos para unha clientela á que queremos agradecer todo o seu apoio ó pequeno comercio nunha vila como a nosa cun Centro Comercial Aberto con calidade e variedade contrastada.

Listaxe dos comercios participantes:

  • Star Center
  • Adamela
  • Atmósfera Sport
  • Todo Lar
  • Calvelo Regalo
  • Alexi
  • Dress
  • Joyería Calvelo Seoane
  • Deportes San Remo
  • Mundo Kids
  • Atelier
  • Poppy
  • Perfumerías Garrote
  • Zocas
  • Esprit
  • mmm! Xeados
  • -15
  • Mímate
  • Zapatería Esther
  • Akira
  • D&A Complementos
  • Multióptica
  • Zapatillería Isabel
  • O rincón de María
  • Tejanos.com
  • O armario de Pati
  • Alonso Moda
  • A Fragua de Mó
  • DV Carballo
  • Para ti Cosméticos
  • Amai Store
  • Miriñaque
  • Bambalina
  • Sueño de Hadas
  • Bámbola
  • Style
  • Retoños
  • O Barco dos Soños
  • Moda Suárez

O obxectivo da xornada é darlle contido a un evento no que a imaxe, a diversión e a comunicación do CCA Carballo encha as rúas da vila de clientela e comerciantes orgullosos e orgullosas dos seus establecementos e da actividade coa que agasallan a clientes, camiñantes, veciñas e veciños de Carballo, e da comarca que se acheguen a desfrutar co CCA.

Agardámoste !