O Centro Comercial Aberto entrega os premios da campaña “Que rule, que rule!”

O pasado venres, a pista de xadrez da Praza do Concello foi novamente o escenario elixido polo Centro Comercial Aberto para facer entrega dos premios da campaña “Que rule, que rule”, celebrada o pasado sábado 6 de xuño nese mesmo emprazamento.

No acto entregáronse os sete cheques sorteados entre as persoas participantes na campaña, resultando agraciadas un total de sete persoas, todas elas veciñas de Carballo.

As gañadoras dos cheques de 100 euros do Centro Comercial Aberto foron Susana Abelenda, Natalia Aguiar Quintenla, Antía Amado Alcoba e Eva María Canedo Agrelo. Pola súa parte, Francisco Pouso Figueiras recibiu un cheque de 50 euros de Supermercados Froiz, mentres que Silvia Queiro Villar e Loly Suárez Ramos foron premiadas con cheques de 10 euros de Gadis.

Ademais, unha das persoas gañadoras tamén resultou agraciada cunha das experiencias máis atractivas da campaña: unha estancia con almorzo incluído no Glamping de Espazo Nature.

Os cheques do CCA Carballo teñen unha validez de 45 días e poderán ser consumidos en calquera dos preto de 100 establecementos asociados que forman parte do Centro Comercial Aberto.

Desde a entidade queren agradecer unha vez máis a participación e a confianza depositada no comercio de proximidade “porque cada compra contribúe a fortalecer o tecido comercial da vila e demostra que o comercio local segue a ser unha opción de calidade, confianza e trato personalizado que, ademais sempre ten recompensa”.

O Centro Comercial Aberto xa traballa na súa próxima campaña de dinamización comercial, que chegará moi pronto á nosa vila con divertidos e refrescantes escaparates aos que haberá que poñerlle o seu prezo xusto. Permanecede moi atentos/as!!!

Compartir artigo

Artigos relacionados

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

O CCA entrega as cinco tabletas sorteadas na campaña «A voltas co cole»

O MercaEdillo adiántase por primeira vez ao venres pola mañá para dinamizar as vendas e facilitar as compras

O CCA dálle a volta ao cole cun xogo de parellas, premios directos e cinco tabletas

Dobrete de María Canedo Velo en “O Prezo Xusto”

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

41 comercios participarán na 2ª edición da campaña de Samaín do CCA

O CCA Carballo inaugura unha formación en empaquetado profesional para mellorar a experiencia da clientela

O CCA entrega as cinco tabletas sorteadas na campaña «A voltas co cole»

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.