O CCA presenta a súa nova imaxe corporativa para identificar aos seus comercios asociados

A nova identidade, baseada na pegada dactilar como símbolo de pertenza, luce xa nos escaparates dos 93 comercios adheridos

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo dá un novo paso adiante coa presentación da súa nova imaxe corporativa, que xa está presente en todos os escaparates dos 93 comercios asociados cos que conta na actualidade. O obxectivo desta iniciativa é reforzar a identidade visual da entidade e facilitar que a veciñanza identifique de forma rápida e sinxela os establecementos adheridos.

A pegada dactilar do CCA: unha identidade única

O elemento central da nova imaxe é unha pegada dactilar, que representa algo único, propio e identitario. Dentro da pegada, intégrase o símbolo identificativo do CCA, unindo visualmente o concepto de pertenza e identidade. A mensaxe é clara: “SON CARBALLO. SON CCA.”

O comercio fai pobo. É parte destacada da súa identidade e parte esencial da nosa comunidade. O novo elemento visual pretende converterse nun símbolo recoñecible para a veciñanza e nunha declaración de intencións para os comercios asociados, que queren destacar o seu compromiso coa comunidade e coa súa contorna, reforzando así o papel esencial do comercio na comunidade local. “Pertencer ao CCA significa apoiar Carballo, o seu comercio e o seu futuro”, destacou o presidente Carlos Cousillas.

A campaña inclúe o lanzamento de vinilos adherentes que decorarán os escaparates dos comercios, acompañados de tótems colocados en puntos estratéxicos da vila para maximizar o impacto visual e a súa difusión.

 

O CCA de Carballo reafirma con esta iniciativa o seu compromiso co comercio local, traballando para que os establecementos asociados sexan un motor económico e social do noso pobo. Esta campaña pretende ser unha aposta pola modernización, a visibilidade e a conexión directa cos valores da nosa comunidade e destaca a importancia do comercio como parte fundamental da identidade e do futuro de Carballo.

Compartir artigo

Artigos relacionados

Entregados os premios da campaña do Día da Nai e de BioSaúde

15 expositores e un amplo programa de faladoiros e talleres protagonizarán a II BioSaúde

O corazón do CCA volve á rúa polo Día da Nai con premios e diversión para toda a familia

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

Entregados os premios da campaña do Día da Nai e de BioSaúde

15 expositores e un amplo programa de faladoiros e talleres protagonizarán a II BioSaúde

O corazón do CCA volve á rúa polo Día da Nai con premios e diversión para toda a familia

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.