O CCA premiará as compras para o Día do Pai con cheques por valor de 200€

A campaña desenvolverase do 12 ao 22 de marzo en 49 comercios asociados

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo pon en marcha unha nova campaña para dinamizar o comercio local coincidindo coa celebración do Día do Pai. A iniciativa busca premiar a fidelidade da clientela e, ao mesmo tempo, promover as compras nos establecementos de proximidade.

Baixo a idea de que existen milleiros de razóns para celebrar esta data, a campaña pretende recoñecer todos eses pequenos xestos cotiáns dos nosos pais que se transforman en amor, coidados e cariño dentro da familia. “Polas carreiras no parque, polas tiritas e os abrazos, polas tardes sen reloxo, polos teus ombreiros” son as mensaxes elixidas para identificar os establecementos participantes, convertendo así esta celebración nunha oportunidade para fortalecer os lazos familiares e apoiar o comercio de sempre á hora de atopar o agasallo perfecto.

A promoción desenvolverase do 12 ao 22 de marzo, ambos incluídos. Durante ese período, as persoas que realicen compras en calquera dos 49 establecementos participantes recibirán papeletas, que deberán cubrir cos seus datos de contacto para participar no sorteo de catro cheques de 50 euros, que poderán gastar posteriormente en calquera dos comercios asociados ao Centro Comercial Aberto de Carballo.

O sorteo celebrarase o 24 de marzo, ás 14.00 horas, e poderá seguirse en directo a través da conta de Instagram do CCA, permitindo que toda a clientela coñeza en tempo real o desenvolvemento do proceso e a identidade das persoas gañadoras.

A presidenta da entidade, Silvana Rama Corral, destacou que este tipo de campañas buscan ir máis alá do incentivo comercial. “Iniciativas como esta non só axudan a activar o comercio local en datas sinaladas, senón tamén pretenden premiar ás persoas que cada día confían no comercio local para facer as súas compras”, sinalou.

Establecementos participantes

Adega O´Lagar, Aloe herboristería, Anxaima Tempo para quererte, Atmósfera Sport, Avanty publicidade, Becool, Buy&sell, Calvelo Platería Regalo, Calzados Susa, Cenor, Clarión librería, Clínica dental Pico Blanco, Comercial Queijo, Confecciones San Juan, Confitería San Luis, Cristina Morgade, D&A Complementos, Dequip, Doces soños, Donclip, DV Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Florida Centro Joya, Floristería Taibo, holaMOBI, Informática Valem, Jorge Moda, Joyería Calvelo Seoane, Joyería Vessali, Lencería Mª José, Lenda, Maloserá Carballo, Maluca Lobe, Merliño xoguetería, Muebles Fuentes, Multiópticas, Óptica Enríquez, Óptica Nicolás, Orange Carballo, Oro Express, Purificación Lema Centro de estética, Rafa Vila joyerías, Refugallo Zero, Teirón, Todo Lar, upa! Espazo barefoot, Zapatillería Isabel e Zocas.

Compartir artigo

Artigos relacionados

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

Entregados os cheques aos gañadores da Globoteca e a recadación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

Entregados los cheques a los ganadores de la Globoteca y la recaudación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

Xa temos gañadores/as da Globoteca!

¡Ya tenemos ganadores/as de la Globoteca!

El I peKecrossfit Inclusivo del CCA cierra inscripciones con 120 participantes

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados
Descubre todos os negocios asociados con CCA Arteixo

Últimas publicacións

O CCA de Carballo entrega os premios da campaña do Día do Pai e reforza o apoio ao comercio local

El CCA premiará las compras para el Día del Padre con cheques por valor de 200€

CCA Carballo: comercio local, campañas, eventos e comercios asociados

Entregados los cheques a los ganadores de la Globoteca y la recaudación solidaria de 317 € a Un Paso Máis

Aproveita as vantaxes de pertencer ao CCA!

Descubra o noso espazo comercial aberto para vostede

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está contribuindo á modernización dos espacios comerciais tradicionais da nosa cidade.